Tocaima
Coordenadas: 4°27′28″N 74°38′5″O / 4.45778, -74.63472
Tocaima | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Igrexa de Tocaima | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Alto Magdalena | ||
Xeografía | |||
Altitude | 400 msnm | ||
Superficie | 246 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 18 387 (2015) | ||
Densidade | 74,74 hab/km² | ||
Xentilicio | Tocaimuno /-a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Wilmar Alexander Martínez Bareño (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Tocaima é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia do Alto Magdalena. Atópase a 102 km ó suroeste de Bogotá, e a unha altitude de 400 m. A temperatura media anual é de 27 °C. É denominada "Cidade Saúde de Colombia", debido ás propiedades terapéuticas das súas augas e lodos con xofre, empregados dende tempos prehispánicos.[1]
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo Tocaima provén dun antigo guerreiro da tribo guacaná, pertencente á nación panche. O guerreiro Tocaima era adorado polos homes da tribo debido á súa valentía e fazañas bélicas.
Historia[editar | editar a fonte]
Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Tocaima estivo habitado pola tribo guacaná, que pertencía á nación panche. A tribo era gobernada polo cacique Guacaná, que tiña dominio sobre os seus veciños, os acaymas, membros dun concello tribal.
O 20 de marzo de 1544, o mariscal español Hernán Venegas Carrillo fundou o poboado de San Dionisio de los Caballeros de Tocaima, un pouco máis abaixo da localización actual. O 7 de febreiro de 1549 o rei Carlos V de España, mediante Real cédula de Valladolid, outorgou a Tocaima o título de "Hidalga e Nobre Vila", xunto co escudo de armas.[2]
Os constantes asulagamentos provocadas polo desbordamento do río Pati fixeron que en 1581 a poboación fose abandonada, ata que o 18 de marzo de 1621, por orde de Juan de Borja y Armendia, presidente da Real Audiencia de Santafé, Tocaima foi refundada polo capitán Martín de Ocampo.
O 25 de abril de 1669 naceu en Tocaima Jerónima Nava y Saavedra, unha das principais escritoras da colonia colombiana, xunto coa tunjana Francisca Josefa del Castillo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Tocaima.
- ↑ "Alcaldía de Tocaima / Información General / Historia". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tocaima ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 14 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)