Choachí
Coordenadas: 4°32′0″N 73°56′0″O / 4.53333, -73.93333
Choachí | |||
---|---|---|---|
Vista de Choachí. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Oriente | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1 924 msnm | ||
Superficie | 223[1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 10 729 (2015)[2] | ||
Densidade | hab/km² | ||
Xentilicio | Chiguano, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Álvaro Gutiérrez Pardo (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Choachí é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Oriente, a 42 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altitude de 1924 m s. n. m., cunha temperatura media anual de 18 ºC.
Toponimia[editar | editar a fonte]
A orixe do nome do municipio é muisca, ten múltiples interpretacións dependendo do autor. Entre outras atopamos:
- Miguel Triana: "Chigua chía". Á xanela ou buraco da casa por onde miraban a paisaxe díselle Chigua e á lúa Chía, polo cal o boquerón da cordilleira por onde asomaba a lúa, recibiu o nome poético de «Xanela da lúa», do cal provén Chiguachía, ou Choachí.
- Joaquín Acosta: Divide a palabra, a fin de darlle unha tradución máis precisa na lingua indíxena: Chi gua chíe, o cal quere dicir: «noso monte lúa». Tamén pode derivar de chigua que significa «eco» e chie que significa «o noso», o cal significaría: «o noso eco» ou «continuación do noso mundo».
Historia[editar | editar a fonte]
Antes da chegada dos españois, na beira occidental do actual río Blanco, había dúas poboacións indíxenas cuxos nomes en lingua muisca eran Tuche e Chiguachí, sendo a segunda onde hoxe se atopa o centro urbano de Choachí.
A colonización empezou antes de 1563 coa chegada dos españois Juan de Avellaneda, Francisco Lorenzo e Antonio Bermúdez (fundador de Choachí), este último, soldado e compañeiro de Gonzalo Jiménez de Quesada, quen debido á súa fidelidade e servizos militares foi nomeado encomendeiro pola Real Audiencia, nas terras do cacique Ubaque, correspondéndolle a porción de Chiguachí.
Do proceso adiantado por Diego de Villafañe en 1563, en contra de Antonio Bermúdez, menciónase que o primeiro trazado da vila ó estilo español foi en 1560, pero este foi incendiado polo cacique Bosatiba. Isto obrigou a realizarse un novo e definitivo trazo en 1564 no sitio actual; tradicionalmente tívose como data fundacional o 29 de setembro de 1550, o que resultou ser incorrecto, pero mantívose o día 29 de setembro como data que conmemora a festa patronal de san Miguel Arcanxo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información general de Choachí". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2017. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Choachí ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)
|