Manta, Cundinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaManta, Cundinamarca
Imaxe

Localización
Mapa
 5°00′29″N 73°32′25″O / 5.0081, -73.5403Coordenadas: 5°00′29″N 73°32′25″O / 5.0081, -73.5403
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
CapitalManta Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie105 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.924 m Editar o valor em Wikidata
Creación24 de xullo de 1773 Editar o valor em Wikidata

Sitio webmanta-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Manta é un concello colombiano que se atopa no nordeste do departamento de Cundinamarca, na provincia de Almeidas, na rexión do Altiplano Cundiboyacense coñecida como Val de Tenza.

O concello é coñecido como o «Retrinco de ceo no Val de Tenza». Forma o límite do departamento de Cundinamarca co de Boyacá.

Manta limita polo norte co concello de Tibirita, polo oeste co concello de Machetá, polo sur co concello de Gachetá, da provincia do Guavio, e polo leste co departamento de Boyacá e dous dos seus concellos, Guateque e Guayatá.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo Manta deriva do muysc cubun (lingua muisca), que traduce «á nosa labranza», segundo o dicionario de Joaquín Acosta Ortegón.

Outro nome muisca que se mantén é o da verea Fuchatoque, situada no costado leste do centro urbano, sede de mando do antigo cacique do mesmo nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]