Pasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°18′27″N 74°18′3″O / 4.30750, -74.30083

Pasca
Flag of Pasca (Cundinamarca).svg
Escudo de Pasca (Cundinamarca).svg
Localización
Pasca en Colombia
Pasca
Pasca
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
RexiónSumapaz
Xeografía
Altitude2 180 msnm
Superficie264,24 km²
Demografía
Poboación12 175 (2015)
Densidade46,08 hab/km²
XentilicioPasqueño, -a
Outros datos
AlcaldeCarlos Muñoz (2016-2019)
Páxina oficial

Pasca é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca, coñecido polo seu museo arqueolóxico e pola Balsa muisca de ouro atopada nas súas terras (exhibida no Museo do Ouro de Bogotá). Atópase no Altiplano Cundiboyacense a unha distancia de 71 km da capital do país, Bogotá. Ten fronteira cos concellos de Fusagasugá, Sibaté e Soacha polo norte, Bogotá D.C. polo norte e leste, Arbeláez polo sur e Fusagasugá polo oeste.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O municipio antes da chegada dos españois era territorio dos muiscas e o seu nome en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «cercado do pai». Foi fundado en 1571 na expedición de Juan de Céspedes enviado por Gonzalo Jiménez de Quesada. Neste sector habitaban os pascas, pero o pobo atopábase situado nun sitio diferente do actual.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Pasca foi explorada en 1537 por Juan de Céspedes, nunha expedición enviada por Gonzalo Jiménez de Quesada.

O 24 de decembro de 1928, Carlos García e Enrique Liévano levan á vila os dous primeiros carros tirados por bois. Entre 1937 e 1940 créase a primeira empresa de transportes, a flota Unida.

En 1969 é atopada a Balsa muisca en ouro, que representa o ritual de El Dorado.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]