Gachalá
Coordenadas: 4°41′35″N 73°31′12″O / 4.69306, -73.52000
Gachalá | |||
---|---|---|---|
Igrexa de Gachalña. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Guavio | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1 712 msnm | ||
Superficie | 448 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 5 715 (2015) | ||
Densidade | 12,75 hab/km² | ||
Xentilicio | Gachaluno, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Germán Martínez Beltrán (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Gachalá é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Guavio, a 120 km ó leste de Bogotá. Gachalá é coñecida como a "Capital Hidroeléctrica de Colombia".
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo «Gachalá», en lingua muisca quere dicir «Ola de Barro da Noite», ou «Derrota da Noite».
Historia[editar | editar a fonte]
Fundación[editar | editar a fonte]
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Gachalá estivo habitado polos indíxenas chíos, da comunidade muisca. A principios do ano 1700, a área de Gachalá foi abandonada polos seus habitantes, quen consideraron as súas terras estériles e moi montañosas, polo que decidiron desprazarse cara a terreos máis fértiles no que hoxe se coñece como Mámbita e os seus arredores.
En 1804, Mariano de Mendoza y Bueno, a quen se lle atribúe a fundación de Gachalá, solicitou ó vicerrei Antonio José Amar y Borbón a doazón destas terras co propósito de fundar a poboación. Seis anos máis tarde, o vicerrei, por decreto do 22 de febreiro de 1810, decide elevar a Gachalá á categoría de parroquia e ordena librar o título correspondente.
A poboación orixinouse nunha misión de relixiosos xesuítas que se estabeleceu alí en 1810. Tamén se acepta ó presbítero José Ignacio de la Barrera como fundador en 1819.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gachalá ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 10 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)