Junín, Cundinamarca
Coordenadas: 4°47′25″N 73°39′48″O / 4.79028, -73.66333
Junín, Cundinamarca | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Junín dende o parque Ararat. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Guavio | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2 300 msnm | ||
Superficie | 337 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 8 610 (2015) | ||
Densidade | 25,55 hab/km² | ||
Xentilicio | Juninense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | María Elica Prieto Bustos (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Junín, cuxo nome indíxena é Chipazaque, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Guavio, a 103 km de Bogotá. Antecesor da actual vila de Junín foi o aborixe de Chipazaque, que debía o seu nome a que esta zona compartía os seus dominios entre o Zipa e o Zaque. O poboado estivo situado inicialmente preto de Pauso, na parte baixa da hondonada do Val de Gachetá.
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo «Chipazaque» quere dicir, en muysccubun (lingua muisca), «o noso pai o Zaque», segundo Miguel Triana, ou «unión do Zipa e o Zaque», segundo Acosta Ortegón.
Historia[editar | editar a fonte]
Non se coñece a data exacta da fundación do concello de Junín; porén algúns historiadores sitúan este acontecemento o 13 de agosto de 1550. Antecesor da actual vila de Junín foi a aborixe de Chipazaque, situada preto de Pauso, na parte baixa da hondonada do Val de Gachetá. Chipazaque formouse en torno da Igrexa que mandou facer o oidor Luis Enríquez o 14 de maio de 1600 ó oficial albanel Domingo Pérez.
Este territorio foi habitado polos indíxenas chíos, grupos mámbita e suraguas. Dende tempos anteriores á conquista as vilas que anteriormente integraban o cacicado de Guatavita atopábanse subordinados politicamente ó Zipa. Á chegada dos españois, o dominio do Zipa estendíase de sur a norte dende Tibacuy, Pasca e Quetame até Saboyá; polo nordés chegaba até Chocontá, Ubaté e Fúquene; de oeste a leste estendíase dende Facatativá, Zipacón e Tena até Gachalá. Chipazaque, hoxe Junín, fixo parte da encomenda de Francisco Vanegas confirmando a proximidade dos indíxenas chíos ás vilas anterioirmente mencionadas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Junín, Cundinamarca ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 11 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)