Villeta, Cundinamarca
Coordenadas: 5°0′46″N 74°28′23″O / 5.01278, -74.47306
Villeta, Cundinamarca | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Árbore ocobo en Villeta. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Gualivá | ||
Xeografía | |||
Altitude | 850 msnm | ||
Superficie | 140,7 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 43 574 (2015) | ||
Densidade | 309,69 hab/km² | ||
Xentilicio | Villetano, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Jhon Alexander Morera Gutiérrez (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Villeta é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Gualivá, da que é capital. Atópase a 91 quilómetros de Bogotá e 330 de Medellín. O seu nome significa "Pequena Vila" e está consagrada a San Miguel Arcanxo. Tamén é coñecida como "A Cidade Doce de Colombia", polo intenso cultivo de cana de azucre, coa que se produce panela. Villeta esta a 118 km de Zipaquirá "A cidade salgada de Colombia" pola súa Catedral de Sal.
Villeta é coñecida pola súa produción de panela, polas súas festividades, como o Reinado Nacional da Panela en xaneiro e o Festival Departamental de Bandas en agosto, e por ser a poboación onde se dá inicio á Ruta do Sol. É tamén un importante centro turístico do departamento de Cundinamarca debido ós seus carreiros ecolóxicos, fervenzas, balnearios, leiras paneleiras e infraestrutura hoteleira.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villeta, Cundinamarca ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)