Venecia, Cundinamarca
Coordenadas: 4°5′19″N 74°28′39″O / 4.08861, -74.47750
Venecia, Cundinamarca | |||
---|---|---|---|
Praza de Venecia. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Sumapaz | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1 423 msnm | ||
Superficie | 120,8 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 4 060 (2015) | ||
Densidade | 33,55 hab/km² | ||
Xentilicio | Veneciano, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Javier Orlando Villalba Torres (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Venecia é un concelko colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Sumapaz, a 121 km de Bogotá. Anteriormente esta poboación era coñecida co nome de Ospina Pérez, pero a partir de 1974 recibiu o nome actual de Venecia. O concello de Venecia tamén é coñecido como «A Perla do Sumapaz».
Historia[editar | editar a fonte]
Actualmente é imposible afirmar que a cultura indíxena dos Ssutagaos de Doa, extinguidos no século XVIII, sexa antecesor do concello, por canto que non hai unha relación entre un e outro. O sitio onde se atopa asentada a poboación de Venecia deu lugar á disposición dunha pousada para os viaxeiros como termo de xornada no camiño real entre as poboacións de Pandi e Cabrera.
Economía[editar | editar a fonte]
O concello basea a súa economía principalmente no sector agropecuario, sendo a agricultura a actividade económica máis representativa, aínda que a gandaría amosa unha tendencia ó aumento, os sistemas produtivos danse principalmente en minifundios. A nivel dos centros poboados a principal actividade económica é o comercio de bens e servizos básicos para a canastra familiar. A solidez económica do municipio viuse incrementada, así como os investimentos de persoas provenientes doutras rexións.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Economía Venecia". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Venecia, Cundinamarca ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 10 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)