Sopó
Coordenadas: 4°54′29″N 73°56′25″O / 4.90806, -73.94028
Sopó | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Igrexa de Sopó | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Sabana Centro | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2 587 msnm | ||
Superficie | 111,5[1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 26 769 (2015) | ||
Densidade | 239,01 hab/km² | ||
Xentilicio | Soposeño, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | William Octavio Venegas (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Sopó é un concello do departamento de Cundinamarca, Colombia, que se atopa na provincia de Sabana Centro. Atópase a 39 km ó norte de Bogotá. Foi fundado en 1653 por Frei Francisco Chacón. Forma parte da área metropolitana de Bogotá segundo o censo DANE 2005. A súa parroquia católica forma parte da Diocese de Zipaquirá. Limita polo norte con Zipaquirá e Tocancipá, ao Sur con La Calera, polo leste con Guasca e polo oeste con Chía e Cajicá.
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo «Sopó», en muysc cubun (Lingua muisca), significa «Pedra ou Cerro Forte».
Historia[editar | editar a fonte]
Sopó é un dos municipios asentados nunha zona onde se atoparon as evidencias humanas máis antigas no altiplano cundiboyacense.
Período Herrera[editar | editar a fonte]
É un período denominado así pola "Lagoa da Herrera", situada en Mosquera, Cundinamarca. Esta época, que data de antes da chegada dos muiscas, caracterizouse pola fabricación de utensilios de pedra, obxectos en cerámica e o cultivo do millo e outras plantas. En Sopó atopáronse importantes evidencias en tres sitios: Brujas, Carrizalito e Meusa, onde se asentaban 2 a 4 nativos por quilómetro cadrado.
Período muisca[editar | editar a fonte]
O período muisca caracterizouse pola dispersión das comunidades, pero á vez a diminución da área poboada, xunto coa chegada de novos poboadores polos achados arqueolóxicos que datan desta época. No período muisca tardío xa se poden recoñecer tres asentamentos, probablemente asociados ás tres vilas achados polos conquistadores durante a colonia: Meusa, Cueca e Sopó, e un asentamento denominado Teusacá que se atopaba xunto ó río (Ponte Adobes).
Economía[editar | editar a fonte]
A base económica do municipio está conformada especialmente pola agroindustria dedicada á produción de derivados de lácteos, floricultura, ademais algunhas gamas industriais dedicadas á produción de bens para o sector da construción e a fabricación de fósforos; séguenlle na súa orde as actividades comerciais, prestación de servizos e financeiras.
Alén disto, dentro do concello estivéronse construíndo áreas residenciais campestres para familias non oriúndas, de estrato socio-económico alto, as cales contan na súa maioría con campos de golf, áreas de equitación, lagos, zonas húmidas etc.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información general de Sopó". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2017. Consultado o 1 de maio de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 20 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)