Simijaca
Coordenadas: 5°30′12″N 73°51′6″O / 5.50333, -73.85167
Simijaca | |||
---|---|---|---|
Parque de Simijaca. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Ubaté | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2559 msnm | ||
Superficie | 107 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 13 077 (2015) | ||
Densidade | 122,21 hab/km² | ||
Xentilicio | Simijense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Germán Leónidas Rodríguez Albornoz (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Simijaca é un concello do departamento de Cundinamarca, Colombia, que se atopa na provincia de Ubaté, a 135 km de Bogotá.[1]
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo Simijaca, en muysc cubun (lingua muisca) significa «peteiro de curuxa».
Historia[editar | editar a fonte]
Na época precolombiana, o territorio do concello estaba habitado polos indíxenas sutas e simijacas, que pertencían ó pobo muisca. Estes foron sometidos polo conquistador español Hernán Pérez de Quesada en 1541. En 1548, o franciscano Frei Luis Zapata de Cárdenas creou a Parroquia de Simijaca logo de efectuar unha visita pastoral á Parroquia de Susa. A dirección da Parroquia foi encomendada ós pais dominicos de Chiquinquirá.[2]
O Oidor Luis Enríquez, por auto de 14 de agosto de 1600 proferido en Cucunubá, fundou o actual poboado de Simijaca, formado polos indios de Simijaca, os de Fúquene e os de Nemoguá.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Páxina oficial do concello de Simijaca. Información xeral Arquivado 08 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Consultado o 9 de decembro de 2010.
- ↑ Blog de la Iglesia de Simijaca - Reseña histórica (Consultado el 27 de enero de 2018).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simijaca ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)