Vergara, Cundinamarca
Coordenadas: 5°7′4″N 74°20′46″O / 5.11778, -74.34611
Vergara, Cundinamarca | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Gualivá | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1510 msnm | ||
Superficie | 146,3 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 7 677 (2015) | ||
Densidade | 52,58 hab/km² | ||
Xentilicio | Vergarense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Ana María Maecha Olarte (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Vergara é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá, a 112 km ó noroeste de Bogotá. Ten unha extensión de 146 km², atópase a unha altitude de 1.510 ms.n.m., e a temperatura media anual é de 19 °C.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
A finais do século XVIII, os mineiros dos sitios de Flandes, Pinzayma, La Meseta, Guatayma, Periquito e Armadillos non tiñan parroquia nin sacerdote permanente, polo que as autoridades decidiron construír unha igrexa xunto á facenda "Vergara". A nova parroquia foi recoñecida polas autoridades relixiosas o 5 de xaneiro de 1799, co nome de Santa Bárbara de Vergara. Axiña se formou unha poboación arredor da igrexa, que foi ratificada co nome de Vergara o 12 de decembro de 1800. O primeiro bautizo rexistrouse nos libros parroquiais o 14 de xuño de 1803. O primeiro párroco foi o Feliciano Mariño. Vergara foi consagrada a Santa Bárbara como a súa patroa.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Municipios.com - Cundinamarca - Vergara
- ↑ Departamento de Cundinamarca. Municipio de Vergara. Plan de desarrollo 2008-2011, p. 8
- ↑ www.diocesisfacatativa.org / Parroquia de Santa Bárbara de Vergara Arquivado 06 de agosto de 2019 en Wayback Machine. Consultado o 6 de agosto de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vergara, Cundinamarca ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 01 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)