Gonzalo Jiménez de Quesada y Rivera, tamén escrito De Quezada e Ximénez, nado en 1496,[1] outras fontes sinalan os anos 1506 ou 1509,[2][3] e finado en Suesca, Cundinamarca, o 16 de febreiro de 1579, foi un explorador e conquistador español do norte de América do Sur, nos territorios que hoxe se coñecen como Colombia. Sendo un avogado ben instruído, foi un dos planificadores intelectuais da conquista española. Foi un efectivo líder e organizador, deseñou a primeira lexislación para o goberno da área e foi o seu historiador. En 1569, levou a cabo exploracións cara ó leste, na busca do lendario El Dorado, pero a expedición foi un fracasou e regresou a Nova Granada en 1573. Suxeriuse que puido ser un posible modelo para o Don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes.[4]