Zipaquirá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 5°1′29″N 74°0′5″O / 5.02472, -74.00139

Zipaquirá
Flag of Zipaquirá.svg
Escudo de Zipaquira.svg
Catedral Diocesana, Zipaquirá.JPG
Catedral de Zipaquirá.
Localización
Zipaquirá en Colombia
Zipaquirá
Zipaquirá
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
RexiónSabana Centro
Xeografía
Altitude2 650 msnm
Superficie197[1] km²
Demografía
Poboación126 409 (2015)[2][3]
Densidade651,59 hab/km²
XentilicioZipaquireño, -a
Outros datos
AlcaldeLuis Alfonso Rodríguez Valbuena (2016-2019)
Páxina oficial

Zipaquirá é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Cundinamarca, na provincia de Sabana Centro, da que é a capital e sede da súa diocese. Atópase a 42 quilómetros de Bogotá. Cunha poboación de 126.409 habitantes, é o segundo meirande concello da provincia. É un dos centros de explotación de sal máis importantes en Colombia, razón pola cal tamén é coñecida como a "Cidade do Sal".

Zipaquirá é recoñecida a nivel internacional pola súa Catedral de Sal, a cal recibiu o recoñecemento como “Primeira marabilla de Colombia” o 4 de febreiro do 2007, ademais do seu centro urbano, o cal foi declarado patrimonio histórico e cultural de Colombia.

De fundación prehispánica, os seus poboadores asentábanse no sector hoxe coñecido como "Pueblo viejo" a case 200 metros do seu actual emprazamento. Foi erixida como vila o 18 de xullo de 1600 por auto de poboamento proferido polo oidor español Luis Henríquez. Foi sucesivamente capital da Provincia de Cundinamarca (1851), da Provincia de Zipaquirá (1852-1855), do Estado Soberano de Cundinamarca (1861-1864), do Departamento de Quesada (1905-1908) e do Departamento de Zipaquirá (1908-1910).

Toponimia[editar | editar a fonte]

Do topónimo «Zipaquirá» hai tres posibles orixes en lingua muisca; a primeira, é extraído do pobo indíxena que habitou ao pé do Cerro do Zipa - Chicaquicha, que traduce «ó pé do cume» ou simplemente «pé de cume»".[4] O segundo, segundo outras fontes, significa «Cidade do noso pai», e o último remóntase a unha historia sobre unha unión entre o Zipa e unha muller chamada Quira. Até o Século XIX, a ortografía máis usada era a que comezaba con «C» (Cipaquirá).

Historia[editar | editar a fonte]

Petróglifo atopado en val do Abra.

Período Pre-muisca[editar | editar a fonte]

No val do Abra, nos límites entre Zipaquirá e Tocancipá, atopáronse uns dos restos humanos máis antigos de Colombia. A secuencia estratificada de instrumentos líticos alí presente con ósos de animais e fragmentos de carbón vexetal foron datados mediante C14 en 12.400 anos ± 160 AP.

As primeiras investigacións no sitio tiveron lugar en 1967, cando se obtivo por primeira vez en Colombia unha secuencia estratificada de instrumentos líticos, asociados con ósos de animais e fragmentos de carbón vexetal datados mediante C14 en 12.400 anos ± 160 AP.

A partir de 1969 realizáronse escavacións máis amplas coa colaboración da Universidade de Indiana e en 1970 co patrocinio da Fundación Neerlandesa de Estudos Tropicais (Wotro) e o apoio do Instituto Colombiano de Antropoloxía. Foron localizados na rexión outro catro sitios precerámicos estratificados. Sedimentos lacustres depositados permitiron precisas reconstrucións do clima e a vexetación baseados en estudos palinolóxicos.

Hai 15.000 a 12.500 anos, un período coñecido como estadial Fúquene, o clima era frío e seco e a vexetación era de páramo. Cortadores de pedra e refugallos de talla testemuñan a presenza humana, nunha unidade estratigráfica para a que se estiman 13.000 anos a.C.

Período muisca[editar | editar a fonte]

O Zipa Nemequene, quen derrotou a rebelión do Cacique de Zipaquirá.

O poboado indíxena situábanse na parte alta da mina chamada "Pueblo Viejo", a uns 200 metros por enriba do sitio que hoxe ocupa a cidade, onde á chegada dos españois «alzábanse un centenar de vivendas, cunha poboación de 1.200 persoas».

Estas terras pertencían ós dominios do Zipa de Bacatá, supremo gobernante do Zipazgo (rexión ó sur da Confederación Muisca). Esta zona da sabana de Bogotá era asucada naquela época por unha sucesión de pequenos lagos e arroios, que permitían o transporte dos seus habitantes en canoas, medio polo cal os habitantes de Nemocón, Gachancipá e Tocancipá chegaban a Chicaquicha para abastecerse do prezado sal, que intercambiaban por vasillas e tecidos. O sal era tamén intercambiado con pobos de toda a rexión andina de Colombia, incluíndo os panches, tolimas, pantágoras e muzos.

En tempos do Zipa Nemequene, o Cacique de Zipaquirá, alentado polos de Guatavita e Ubaté, decidiu aproveitar as difíciles condicións do comezo do reinado do Zipa para declararlle a guerra. Entre tanto Nemequene, decatado da rebelión, decidiu adiantarse ó seu inimigo e saírlle ó encontro, ó mando de dezaseis mil güechas (guerreiros muiscas). Os dous exércitos atopáronse entre Chía e Cajicá, onde as tropas de Bacatá venceron ás de Zipaquirá. De inmediato Nemequene regresou a Funza, capital do Zipazgo, onde entrou ó tempo co seu sobriño Tisquesusa, quen volvía triunfante logo de vencer e sometido ós sutagaos en Fusagasugá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información general de Zipaquirá". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2017. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  3. "Boletín Censo General 2005 - Perfil Zipaquirá" (PDF). DANE. Consultado o 7 de decembro de 2011. 
  4. Gómez Aldana D. F. Diccionario muisca-español. 2012. Chicaquicha

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]