Sabana de Bogotá
Tipo | terras altas | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Colombia | ||||
| |||||
Bañado por | Río Bogotá | ||||
Cordilleira | Cordilleira Oriental | ||||
A sabana de Bogotá é unha subrexión que se atopa no centro xeográfico de Colombia, sobre a Cordilleira Oriental, na parte sur do altiplano cundiboyacense, a altiplanicie máis extensa dos Andes colombianos, cunha altura en media de 2.600 msnm.
Historia
[editar | editar a fonte]O río Bogotá, que lle dá o seu nome actual á sabana, percórrea de norte a sur e precipítase nos seus contrafortes formando a fervenza do Tequendama, a fervenza que, segundo a mitoloxía muisca, formouse cando Bochica rompeu a rocha para que se precipitasen por alí as augas que asulagaran a terra. Os ríos tributarios do Bogotá forman vales fértiles onde se atopan poboacións florecentes.
A sabana foi bautizada "O Val dos Alcázares" por Gonzalo Jiménez de Quesada por mor do gran número de aldeas muiscas construídas en bohíos que á súa chegada se estendían sobre a chaira.