Fosca, Cundinamarca
Coordenadas: 4°20′18″N 73°56′21″O / 4.33833, -73.93917
Fosca, Cundinamarca | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Oriente | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2 080 msnm | ||
Superficie | 126 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 7 524 (2015) | ||
Densidade | 59,7 hab/km² | ||
Xentilicio | Fosqueño, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Milton Albino Barbosa Rey (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Fosca, ou oficialmente San Antonio de Fosca, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia de Oriente, a 62 km ó sueste de Bogotá.
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo «Fosca», en muysc cubun (lingua muisca), quere dicir «Fortaleza do Raposo», de Fo, «raposo», e Ca, «fortaleza» con s intermedia.
Historia[editar | editar a fonte]
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Fosca estivo habitado polos maus, macos e os guapis, ou buchipas, en cuxas terras os muiscas mantiñan unha gornición de güechas para vixiar as súas fronteiras.
O primeiro europeo en chegar ó territorio de Fosca foi o capitán Pedro de Limpias, quen chegou en 1539 procedente dos chairos de San Juan ou Orientais. O poboado indíxena estaba situado nun lugar chamado "Placitas", ó sueste do actual centro urbano, na parte alta das ribeiras do Sáname. O 5 de febreiro de 1627 o Oidor Juan de Valcárcel, quen non atopou propicio o lugar que habitaban os indíxenas, trasladouno a un sitio sobre o río Sáname, onde poboou e fundou o pobo de indios chamado San Antonio de Fosca.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)