Pulí
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Colombia | |||
| Departamento | Cundinamarca | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 1.287 m | |||
| Sitio web | puli-cundinamarca.gov.co… | |||
Pulí é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Magdalena Centro, a 143 km de Bogotá.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O sitio onde hoxe se atopa a cabeceira municipal orixinalmente era chamado polos indíxenas Chaquitulo, o cal traducía «Loma seca cultivada de pasto pequeno». O actual topónimo de Pulí posiblemente provén da lingua panche, pois así chamaban ó cerro máis alto da rexión, o cal é hoxe coñecido como Cerro do Tabor.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros habitantes do que hoxe é o actual concello de Pulí, segundo algunhas referencias, pertencían ó grupo dos lucenas, da nación indíxena panche, que á súa vez pertencían á familia caribe.
En 1795 Puín pasou a pertencer ó concello de La Mesa; en 1798 solicitouse a fundación da parroquia para comodidade dos veciños, sendo aprobado o auto de creación da nova Parroquia de Pulí, o 12 de xullo de 1800, polo vicerrei Pedro Mendinueta y Múzquiz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pulí |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 02 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
