Machetá é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Almeidas, a 101 km ó nordés de Bogotá. O concello é coñecido como a «Porta de Ouro do Val de Tenza».
A extensión total do concello é de 225km². Atópase a unha altitude media de 2.094 m.s.n.m., cunha temperatura media anual de 17.8 °C, e unha poboación de 6.663 habitantes.[1]
O topónimo Machetá deriva do muysc cubun (lingua muisca), e tradúcese como «a vosa honrosa labranza», segundo o dicionario de Joaquín Acosta Ortegón. A palabra está formada polos vocábulos muiscas ma, que é un prefixo de segunda persoa que neste caso significa «vosa», chie, que significa «honra», e ta, que significa «labranza», «horta» ou «sementeira».[2][3][4]