Nilo, Cundinamarca
Coordenadas: 4°18′25″N 74°37′12″O / 4.30694, -74.62000
Nilo, Cundinamarca | |||
---|---|---|---|
Nilo | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Alto Magdalena | ||
Xeografía | |||
Altitude | 336 msnm | ||
Superficie | 224 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 18 384 (2015) | ||
Densidade | hab/km² | ||
Xentilicio | Nilense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Juan Carlos Martín Caviedes (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Nilo é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Alto Magndalena. Sitúase a 148 km ó suroeste de Bogotá.
Historia[editar | editar a fonte]

Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Nilo estivo habitado polo pobo indíxena panche. No ano 1627 o Oidor Lesmes de Espinosa fixo unha visita a Tocaima e ós pobos da súa xurisdición, e ordenou facer unha igrexa no hato de Francisco de Esquivel ás beiras do Sumapaz, onde debían ir a misa os veciños do Valle de Picalá e Fusagasugá.
Existían dous sitios poboados de veciños, eran Nilo cara ó lado de Tocaima e Limones contra o río Pagüey. Como a finais do século XVIII se quería aumentar a creación de parroquias de brancos na rexión, en 1783 o cura Francisco Antonio Ruíz fundou a primeira igrexa de Nilo.
O nome de Nilo deuse polas inundacións do río Pagüey que se asemellaban ás do río Nilo en Exipto.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nilo, Cundinamarca ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 31 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)