Tibirita
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 57 km² | |||
Altitude | 1.961 m | |||
Creación | 1593 | |||
Sitio web | tibirita-cundinamarca.gov.co… |
Tibirita é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia de Almeidas, e atópase a 129 quilómetros de Bogotá, distrito capital.
Historia
[editar | editar a fonte]Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Tibirita estivo habitado polo pobo muisca, nun casarío situado no cerro Renquirá.
Trala chegada dos españois, o poboado foi trasladado dende Renquirá até o lugar no que se atopa no presente. Alí levantou os seus apousentos Diego Hernández. O primeiro encomendeiro de Tibirita foi Cristóbal Arias de Monroy, natural da vila de Almodóvar del Campo, quen foi soldado do adiantado Gonzalo Jiménez de Quesada.
O 8 de xullo de 1593 a vila de Tibirita foi fundada polo oidor Miguel de Ibarra.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Páxina oficial da Alcaldía Municipal de Tibirita - Información Xeral - Historia". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2019. Consultado o 09 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tibirita |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 13 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)