Une, Cundinamarca
Coordenadas: 4°24′7″N 74°1′30″O / 4.40194, -74.02500
Une, Cundinamarca | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Oriente | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2376 msnm | ||
Superficie | 211 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 9 196 (2015) | ||
Densidade | 39,47 hab/km² | ||
Xentilicio | Unense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Yecith Efrén Ángel Romero (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Une é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Oriente, a 43 km ó sueste de Bogotá.
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo «Une», en muysc cubun (lingua muisca) significa «pota», ou centro de reunión do cacicado de Ubaque. Segundo o dicionario de Acosta Ortegón o outro significado é «cousa boa».
Historia[editar | editar a fonte]
A data de fundación do concello de Une foi o 22 de febreiro de 1538. O primeiro encomendeiro foi Diego Romero, da tropa de Gonzalo Jiménez de Quesada. A comezos de novembro de 1594 o ouvidor Miguel de Ibarra en visita deu descrición de 1.058 indios. O 19 de xuño de 1600 o ouvidor Luís Enríquez por auto proferido en Santafé determinou poboar os indios de Queca e Une nunha soa vila que era Une.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Une, Cundinamarca ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 23 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)