Cota, Cundinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°48′34″N 74°6′9″O / 4.80944, -74.10250

Cota, Cundinamarca
Bandera cota.jpg
Escudo de Cota.svg
Bogotá River - Cota-Bogotá - greenhouses.jpg
Vista de Cota e do río Bogotá.
Localización
Cota en Colombia
Cota
Cota
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
RexiónSabana Centro
Xeografía
Altitude2566 msnm
Superficie55 km²
Demografía
Poboación24 916 (2015)
Densidade453,02 hab/km²
XentilicioCotense
Outros datos
AlcaldeCarlos Julio Moreno Gómez (2016-2019)
Páxina oficial

Cota é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca (Colombia). Atópase na Sabana Centro, a 26 km de Bogotá (6 km pola Avenida La Conejera que une este concello coa localidade bogotana de Suba e a unha distancia de 16 km ó sueste pola Rúa 80 que une este concello coa localidade de Engativá). Forma parte da área Metropolitana de Bogotá, segundo o censo DANE 2005. A súa cabeceira municipal atópase a 2.566 m s. n. m..[1][1][1]

Ocupa a parte próxima á costa dun antigo lago. A súa vocación económica é agroindustrial, caracterizándose así mesmo por prestar servizos de turismo e albergar varios colexios privados.[1]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo «Cota», en muysc cubun (lingua muisca), significa «crespo» ou «encrespado».[2]

Historia[editar | editar a fonte]

De acordo á mitoloxía muisca, Cota figura no itinerario de Bochica, quen dende a cova do mohán, no outeiro de Cetime en Chía. predicou o culto ó sol e ensino a cultivar a terra e a tecer algodón.

Cota foi fundada como concello por orde do oidor Diego Gómez de Mena, o 29 de novembro de 1604, sendo a encomendeira María de Santiago. Despois desta fundación fíxose a repoboación en 1638 por Gabriel Carvajal, e outra novamente en 1670.

O 17 de marzo de 1873, por acordo do honorable Concello Municipal, ordénase o traslado da cabeceira municipal do sitio inicial, na "Facenda Santa Cruz", hoxe verea de Pueblo Viejo, ó sitio actual, chamado nese entón "Tres Esquinas", para que a vila estivese no Camiño Nacional que conectaba a Zipaquirá con Girardot e que era denominado "Camiño do Sal". A forma octogonal do parque está inspirada na Praza da Estrela de París, e o seu deseño, así como o da igrexa, foron elaborados por Alberto Urdaneta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Sitio web del municipio de Cota". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2013. 
  2. muysca.cubun.org / cota

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]