Nemocón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°4′0″N 73°52′41″O / 5.06667, -73.87806

Nemocón
Flag of Nemocón (Cundinamarca).svg
Coats of arms of None.svg
Paque Nemocón Cundinamarca.JPG
Igrexa de Nemocón.
Localización
Nemocón en Colombia
Nemocón
Nemocón
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
RexiónSabana Centro
Xeografía
Altitude2 600 msnm
Superficie94[1] km²
Demografía
Poboación13 488 (2015)[2][3]
Densidadehab/km²
XentilicioNemequene
Outros datos
AlcaldeRenzo Alexander Sánchez Sabio (2016-2019)
Páxina oficial

Nemocón é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), situado na provincia de Sabana Centro, a 45 km de Bogotá.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo «Nemocón» significa, en muysc cubun (lingua muisca), «Queixume ou Ruxido do Guerreiro».

Historia[editar | editar a fonte]

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Nemocón estivo habitado polos nemzas, da Confederación muisca. Dende tempo inmemorial, os indíxenas explotaban as minas de sal. Nos campos de Nemocón tivo lugar a primeira batalla entre os españois, comandados por Gonzalo Jiménez de Quesada, e os güechas (guerreiros muiscas) do zipa Tisquesusa, ó mando de Zaquesazipa, irmán do zipa.

O 9 de xullo de 1593 chegou de visita o oidor Miguel de Ibarra. O 11 de agosto, Francisco de Rivero fixo descrición dos indios, da que resultaron 302. O 26 de xullo de 1600 chegou de visita o Pedro Gonzales Rioja e proferiu auto desta data e xunto cos indios de Tasgata fundou a vila. Máis tarde, os de Tasgara foron engadidos a Tausa por Joaquín de Aróstequi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información general de Nemocón". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  3. Censo DANE 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]