Saltar ao contido

Tabio

Tabio
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
8 de abril de 1603 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   29.731 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   75 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2.569 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap11895071 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qnm8r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Tabio é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Sabana Centro, a 45 km de Bogotá e 8 km dende o Portal da 80 da Rúa 80 e o Portal do Norte da Rúa 170. Conta cunha poboación de máis de 27.000 habitantes en 2015 (proxección). Forma parte da área metropolitana de Bogotá segundo o censo oficial do DANE de 2005.

Foi fundado oficialmente o 8 de abril de 1603 por Diego Gómez de Mena sobre a poboación muisca preexistente.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo «Tabio» deriva do vocábulo muisca Teib, que en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «brecha» ou «fenda», termo acorde coa súa posición xeográfica, xunto á fenda do río Frío ou Huitaca. Tamén foi interpretado como «A fendedura da Labranza”».[2]

A poboación muisca estaba organizada en cacicados e os caciques servían ó Zipa, no que hoxe é parte de Cundinamarca e ó Zaque na actual Boyacá. Baixo os caciques había unidades subordinadas, chamadas capitanías. A rexión de Tabio era famosa entre os muiscas polas súas augas termais; en devandita fonte posuían un templo natural onde o Zipa de Bacatá acudía a celebrar as festas da Deusa das Augas, chamada Sie. Frei Cristóbal de Torres prohibiu as festas ancestrais. En outubro de 1593, o oidor Miguel de Ibarra visitou os repartimentos de Tabio, Subachoque e Ginés, adxudicou terras de resgardo a 558 indíxenas e nomeou encomendero a Cristóbal Gómez de Silva.

A Real Audiencia de Santafé de Bogotá aprobou a Acta de Fundación de Tabio, elaborada polo visitador Diego Gómez de Mena o 8 de abril de 1603, e a súa erección como concello no ano 1761. Nomeouse executor da ordenanza a Melchor López, quen iniciou a obra da igrexa o 19 de decembro do mesmo ano.

A actual igrexa foi rematada en 1904 por Andrés Avelino Pérez e denominouse Santa Bárbara, consagrada o 28 de decembro de 1929. A capela da Virxe de Lurdes, situada no leste da serra de Tiquiza, que separa a Tabio de Chía, na verea que leva o seu nome, foi terminada en 1884. Nela celébrase a festa patronal o 15 de decembro, día da nosa Señora de Lurdes. A Capela de Santa Bárbara é unha pequena construción en pedra que coroa unha elevación natural, situada á beira do canellón do Zipa e do “Castelo do Conde”, casa da cal se contan numerosas lendas coloniais. Pola súa posición converteuse nun fito urbano e marca o punto de acceso ás vereas El Salitre e Santa Bárbara, as cales bordean a estrutura colonial da capela.[2]

  1. "Presentación". Alcaldía municipal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. La Real Audiencia de Santa Fé aprobó el Acta de Fundación de Tabio, elaborada por el visitador Diego Gómez de Mena, el día 7 de abril de 1603 y su elección como municipio data de 1761, en plena Colonia.
  2. 1 2 "Nuestro municipio - Historia". Alcaldía municipal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]