Caparrapí
Coordenadas: 5°20′39″N 74°29′30″O / 5.34417, -74.49167
Caparrapí | |||
---|---|---|---|
Vista de Caparrapí. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Bajo Magdalena | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1271 msnm | ||
Superficie | 616,4 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 16 691 (2015) | ||
Densidade | hab/km² | ||
Xentilicio | Caparrapo, -a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | José Joaquín Sánchez Chávez (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Caparrapí, oficialmente Villa de Caparrapí, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia de Bajo Magdalena, a 172 km ó noroeste de Bogotá. A temperatura media anual é de 23 °C[1] e a altitude media da cabeceira municipal é de 1271 m s. n. m.[2]
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo «Caparrapí», en lingua colima, quere dicir «habitante dos barrancos», e provén das palabras caparra, «barranco» e pi, «habitante».
Historia[editar | editar a fonte]
O asentamento dos indíxenas caparrapís estaba na confluencia da crebada Guatachí co río Negro, distante do lugar actual.[3]
Nos primeiros días de 1560, Antonio de Toledo fundou e poboou a Vila de Caparrapí por orde de Real Audiencia de Santafé de Bogotá, no outeiro deste nome. A fundación tamén se lle atribúe a Gutiérrez de Ovalle en 1562 cando trasladou a localización de La Palma. Estas fundacións refírense a La Palma, nos diferentes sitios que estivo, mais non a Caparrapí, que non foi vila senón pobo de indios.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ [1] CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Chocontá.
- ↑ "Nuestro Municipio". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Historia do municipio". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caparrapí ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 02 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)