Zipacón
Coordenadas: 4°45′36″N 74°22′47″O / 4.76000, -74.37972
Zipacón | |||
---|---|---|---|
Parque de Zipacón. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Sabana Occidente | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2550 msnm | ||
Superficie | 70 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 5 570 (2015) | ||
Densidade | 79,57 hab/km² | ||
Xentilicio | Zipaconense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Gustavo Cortés Camacho (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Zipacón é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 50 km de Bogotá.
Historia[editar | editar a fonte]
Período precolombiano[editar | editar a fonte]
Zipacón é o territorio do altiplano cundiboyacense onde se atoparon as evidencias máis antigas de agricultura e olaría, que datan do ano 1270 a. C.
Durante o dominio da Confederación muisca, estivo baixo a xurisdición do Zipazgo, e foi un punto de gornición para espiar ós panches, que pola gran abertura deste lado adoitaban invadir frecuentemente o territorio muisca.
Dise que o Zipa se retiraba a Zipacón a meditar no medio dunha gran tristeza, polo que se lle deu á palabra Zipacón o significado de «O pranto do Zipa», frase que á súa vez é emblema do escudo do concello. A este respecto, o Manuscrito 158 BNC da Biblioteca Nacional de Colombia, que probablemente é unha copia encargada por José Celestino Mutis a finais do século XVIII, dálle á palabra Cone o significado de «pranto». Porén, o dicionario chibcha de Joaquín Acosta Ortegón di que a palabra quere dicir «Aliado do noso pai».[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ chb.cubun.org (ed.). "Manuscrito 158 BNC". Consultado o 31 de xullo de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zipacón ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 31 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)