Cabrera, Cundinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 3°58′41″N 74°29′9″O / 3.97806, -74.48583

Cabrera, Cundinamarca
Flag of Cabrera.svg
Escudo de Cabrera (Cundinamarca).svg
PARQUE PRINCIPAL CABRERA.jpg
Parque principal de Cabrera.
Localización
Cabrera en Colombia
Cabrera
Cabrera
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
RexiónSumapaz
Xeografía
Altitude2560 msnm
Superficie449 km²
Demografía
Poboación4 499 (2015)
Densidadehab/km²
XentilicioCabreruno, -a
Outros datos
AlcaldeCarlos Cárdenas Muñoz (2016-2019)
Páxina oficial

Cabrera, tamén chamado San José de Cabrera, é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia do Sumapaz, no sueste de Cundinamarca, a 144 km de Bogotá. O concello é coñecido como «A Porta do Sumapaz».

Historia[editar | editar a fonte]

Non se coñece con certeza a localización do poboado aborixe, pero sábese que, na época precolombiana, parte do territorio do actual concello de Cabrera estivo habitado polos indíxenas sutagaos e polos muiscas, que estaban emparentados etnicamente cos sutagaos. O difícil acceso a certas zonas non permitiu que durante a colonia española os visitadores da Real Audiencia de Santafé de Bogotá chegasen até os casaríos de Machamba e Sumapaz. Tampouco puideron chegar os encomendeiros de Pandi. No territorio de Cabrera existiu un cemiterio ancestral con pictogramas e tumbas indíxenas.[1]

Até antes da Guerra do Mil Días, o territorio total de Cabrera pertenceu á familia Pardo Rocha, pero logo da guerra, o territorio foi reorganizado, e o 31 de agosto de 1910 foi fundado o concello de Cabrera polos señores Urias Romero Rojas, José Romero Rojas, Lino Palacios, Fidel Baquero e Aurelio Hilario, quen lle puxeron o nome ó concello na honra do Xeneral Cabrera, quen participou na guerra xunto ó Xeneral Rafael Uribe Uribe.

Ataque das FARC contra Cabrera[editar | editar a fonte]

O mércores 20 de agosto de 1997, as frontes 52 e 55 da guerrilla das FARC atacaron o centro do concello de Cabrera, asasinaron a dous policías, asaltaron a Caixa Agraria (de onde roubaron 80 millóns de pesos), deixaron avariada a Alcaldía Municipal e destruíron a maioría de locais comerciais da poboación. O ataque produciuse mentres os habitantes do concello vían o partido de fútbol Colombia vs. Bolivia. O ataque, ó mando dun comandante guerrilleiro coñecido como "Jairo", prologouse até as 3 da mañá. O total de guerrilleiros foi de 250, a maioría mulleres e menores de 12 anos. O outro día, os guerrilleiros deixaron minadas as entradas de acceso á vila con minas antipersoas; unha delas cobrou a vida a un campesiño de 33 anos. O comando de policía quedou destruído, e os guerrilleiros aproveitaron para roubar 10 fusís. Catro axentes de policía quedaron feridos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]