Silvania
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Colombia | |||
| Departamento | Cundinamarca | |||
| Provincia | Provincia do Sumapaz | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 22.020 (2020) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 163 km² | |||
| Altitude | 1.470 m | |||
| Creación | 21 de febreiro de 1935 | |||
| Sitio web | silvania-cundinamarca.gov.co… | |||
Silvania é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Sumapaz, a 44 km de Bogotá. Na época da conquista española coñecíase como Subia ou Uzathama e era habitado polos sutagaos. O actual concello foi fundado por Ismael Silva o 21 de febreiro de 1935.
Historia
[editar | editar a fonte]
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Silvania estivo habitado polos sutagaos. En 1608 foron adxudicadas estancias de gando a Francisco Gómez de la Cruz, que tempo despois se converteron na Facenda El Chocho. O 21 de febreiro de 1935, baixo a dirección de Ismael Silva, foi fundada nova vila, iniciando o trazado do parque principal e as principais rúas. Ese ano construíronse seis casas, que foron as primeiras do concello. O 10 de febreiro de 1936 os directores do “Comité Central de Silvania” expedía, ó cumprir o seu primeiro ano, o nome ó Concello de Silvania, como recoñecemento e en gratitude dos esforzos do fundador deste casarío.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silvania |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
