Saltar ao contido

Guaduas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guaduas
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1572 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   41.142 Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   992 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1412596 Editar o valor en Wikidata
VIAF129151465 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/064vf7 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Guaduas, cuxo nome colonial é Villa de San Miguel de Guaduas, é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Bajo Magdalena, da que é a capital.[1]

O sector antigo da cidade é un dos trece centros históricos que foron declarados monumentos nacionais en 1959.[2]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo «Guaduas» fai referencia á guadua, tamén coñecida como cañaza ou tacuara, un xénero de bambú americano.

En 1806, a guadua foi descrita por Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland, quen viron esta planta en Colombia e chamárona Bambusa guadua; logo, en 1822 foi clasificada por Carl Sigismund Kunth como Guadua angustifolia. Considérase como unha das plantas nativas máis representativas dos bosques andinos.

Na época precolombiana, o "Valle de las Guaduas" estivo habitado polos indíxenas panches, cuxo asento principal eran os casaríos de Machuca e Calambata, ou "Pueblo de Panches", como se chamou despois, o cal sobreviviu varios anos na categoría de viceparroquia.

  1. "Piden comercialidad del Campo Guaduas". 5 de xaneiro de 2000. Consultado o 4 de marzo de 2017.
  2. "Centro Histórico de Guaduas (Cundinamarca)". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 4 de marzo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]