Lenguazaque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 5°18′25″N 73°42′42″O / 5.30694, -73.71167

Lenguazaque
Flag of Lenguazaque.svg
Escudo de Lenguazaque.svg
Lenguazaque.jpg
Vista de Lenguazaque.
Localización
Lenguazaque en Colombia
Lenguazaque
Lenguazaque
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
RexiónUbaté
Xeografía
Altitude2589 msnm
Superficie154 km²
Demografía
Poboación10 268 (2015)
Densidade66,85 hab/km²
XentilicioLenguazaquense
Outros datos
AlcaldeCamilo Andrés Lara Gómez (2016-2019)
Páxina oficial

Lenguazaque é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Ubaté, a 116 km de Bogotá.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo Lenguazaque, en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «fin dos dominios do zaque» ou «faixa de terra do zaque», porque alí viña descansar o zaque de Hunza (actual Tunja) e a bañarse nas augas termais.

Historia[editar | editar a fonte]

Lenguazaque foi xurisdición de Tunja até a época da Independencia. A fundación do pobo debeu ocorrer con posterioridade ó 20 de novembro de 1559, cando o oidor Tomás López prescribiu a instrución sobre a formación de novas vilas de indios. O primeiro encomendeiro de Lenguazaque foi Lázaro López Salazar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]