Subachoque
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Colombia | |||
| Departamento | Cundinamarca | |||
| Provincia | Western Savanna Province (en) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 212 km² | |||
| Altitude | 2.663 m | |||
| Creación | 16 de marzo de 1774 | |||
| Sitio web | subachoque-cundinamarca.gov.co… | |||
Subachoque é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 45 km de Bogotá. Limita polo leste con Zipaquirá, Tabio e Tenjo, polo norte con Pacho e Zipaquirá, polo sur con El Rosal e Madrid, e polo oeste con Supatá e San Francisco de Sales. Fundouno Jacinto Roque Salgado o 16 de marzo de 1774. En 1861 foi o escenario da batalla de Subachoque, no que o exército de Tomás Cipriano de Mosquera derrotou ó de Mariano Ospina Rodríguez. Tradicionalmente, a rexión forneceu de produtos alimenticios a Bogotá e a outras poboacións da sabana. Nas últimas décadas do século XX desenvolveuse a sementeira intensiva de flores para a exportación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo «Subachoque» en muysc cubun (lingua muisca) significa «fronte de traballo». Outro posible significado é «Traballo do Sol».[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sitio oficial del Municipio de Subachoque - Información General - Historia". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 01 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Subachoque |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 22 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)
