Cachipay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°43′53″N 74°26′11″O / 4.73139, -74.43639

Cachipay
Flag of Cachipay (Cundinamarca).svg
Escudo-cachipay-2017.png
Parque principal cachipay cundinamarca.jpg
Parque principal de Cachipay.
Localización
Cachipay en Colombia
Cachipay
Cachipay
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
RexiónTequendama
Xeografía
Altitude1600 msnm
Superficie56 km²
Demografía
Poboación9 833 (2015)
Densidade175,59 hab/km²
XentilicioCachipayuno, -a
Outros datos
AlcaldeAlvaro Moya Silva (2016-2019)
Páxina oficial

Cachipay é un concello de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia do Tequendama, a 50 km de Bogotá.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Toda a Provincia do Tequendama atópase sobre a vertente occidental da Cordilleira Oriental; é un terreo abrupto. Cachipay atópase sobre a zona máis montañosa, o seu centro urbano mesmo é montañoso. A totalidade dos seus 56 km² atópanse en zonas escarpadas de vales, outeiros e montañas. Entre os seus outeiros destácase a "Cordillera del Frisol" que forma os límites co municipio de La Mesa. Alí sitúanse o "Alto del Frisol", doutra banda pódese sinalar "El Alto e Cuchilla del Águila", que forman a fronteira con Anolaima e o "Cerro de Tablanca" en límites con Zipacón.

Historia[editar | editar a fonte]

Igrexa católica de Cachipay.

O territorio de Cachipay estivo habitado en épocas prehispánicas polos indíxenas panches da familia caribe, tribo dos anolaimas, grupo belicoso que viviu continuos enfrontamentos cos muiscas da sabana de Bogotá, aos que arrasaron durante moitos anos.

Gonzalo Jiménez de Quesada chegou á Sabana de Bogotá en 1538 e someteu ós muiscas trala morte do Zipa Tisquesusa en Facatativá. O novo Zipa, Sagipa, acordou uha alianza co irmán do adiantado, para someter ós panches. A expedición de españois e muiscas levouse a cabo, e a pesar da feroz resistencia panche foron sometidos trala batalla de Tocarema o 20 de agosto de 1538 pola superior tecnoloxía armamentista, a natureza descoñecida da pólvora, os cabalos e os cans adestrados dos peninsulares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]