Castrelo de Miño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Epónimo | río Miño | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Barral | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.337 (2023) (33,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 39,74 km² | ||||
Altitude | 159 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Avelino Pazos Pérez | ||||
Eleccións municipais en Castrelo de Miño | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32430 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32022 | ||||
Páxina web | castrelo.gal |
Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Castrelo de Miño limita ó oeste co concello de Ribadavia, ao norte con Cenlle, ó leste con Toén, ó sur con Cartelle e A Arnoia. Abrangue unha superficie de 39,7 km2 nos que acolle unha poboación de 1.349 habitantes (conforme o padrón de 2019), distribuídos nas parroquias de Macendo, Barral, Castrelo de Miño, Astariz, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño. A capital municipal é o lugar de Barral, na parroquia de Barral. Está adscrito ó partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 1.349 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 67 (4.97 %) |
Entre 15 e 64 anos | 670 (49.67 %) |
Maiores de 65 anos | 612 (45.36 %) |
Evolución histórica[1] | 1981 | 1986 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2011 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Número de habitantes | 5.508 | 5.327 | 3.605 | 2.121 | 2.121 | 2.008 | 1.814 | 1.490 |
O río máis importante que atravesa o concello é o Miño.
Clima
[editar | editar a fonte]Climaticamente atópase baixo un microclima mediterráneo. A temperatura media anual é de 14,9 °C e a precipitación anual media é de 790 mm. Distínguese unha área de terras baixas e outra coas montañas que rodean o val.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de Castrelo de Miño, coñecido na Idade Media como Castrum Minei, estivo ligada a un mosteiro dúplice, que pertenceu sucesivamente ao bispo de Ourense, á Orde de San Xoán de Xerusalén e á encomenda de Quiroga.
A igrexa de Santa María atópase ao pé da presa. No ano 947 era mosteiro de monxas, unha das súas máis destacadas abadesas foi dona Goto, a viúva do rei de Galicia Sancho Ordóñez. O rei de León, Sancho o Craso, foi envelenado neste mosteiro no ano 967. Esta igrexa mantén parte da torre románica e unha ábsida semicircular do século XII. Conta cun arco triunfal de medio punto. No exterior hai relevos románicos. Gran parte da igrexa foi reconstruída en 1763, en estilo barroco. A tenencia deste castelo pasou por varias mans, entre elas os da Casa de Traba así como a liñaxe dos Arias, que mantivo neste castelo e logo no de Pena Corneira preso ao rei Afonso VII sendo un neno.
O río Miño marcou a actividade deste concello. Na Idade Media existiu unha ponte que se derrubou no século XVI, os seus servizos foron suplidos por unha barca. Nos anos vinte construíuse a ponte de pedra e ferro que conectaba ambas beiras do Miño, nela leváronse a cabo asasinatos durante a Guerra civil española. A construción do encoro en 1969 por FENOSA que asolagou parte das terras do concello, levou consigo a oposición dos agricultores pola contía das indemnizacións, as consecuencias ambientais e a desaparición de terras fértiles, dándose aquí unhas das primeiras manifestacións mais famosas contra dos encoros en Galicia auspiciada pola UPG. Na década de 1970 acabouse de construír a estrada nacional que unía Ourense con Portugal converténdose esta ruta na mais rendible debido ao número de viaxeiros que ía ao contrabando á Raia en Ponte Barxas.
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome de Castrelo procede do latín castellum e castrum, "cidade alta e fortificada"[2]. O xenitivo de Miño fai referencia ó río Miño.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do concello depende de maneira maioritaria do sector primario (representa aproximadamente o 50% da poboación), máis concretamente do sector vitivinícola, con 23 adegas en produción (2017), o cal corresponde a unha media dunha adega por cada 65 habitantes.[Cómpre referencia] A gandería ten pouco peso no concello e limítase a granxas porcinas provedoras da cooperativa COREN. O sector industrial representa un 20% da poboación activa, onde destaca algunha fabrica téxtil e o encoro de Fenosa. O sector servizos do concello limítase a cubrir as necesidades básicas.
Deportes
[editar | editar a fonte]O Castrelo Club de Fútbol é o equipo do concello e de creación recente (2010) e compite na Terceira Autonómica de Galicia (Grupo 13 - Ourense) así como tamén compite na Copa da Excma. Deputación de Ourense.
Parque Náutico de Galicia
[editar | editar a fonte]O Club Náutico Castrelo de Miño[3] é o Centro Náutico de referencia do interior de Galicia grazas á súa gran superficie de auga embalsada e as súas amplas e completas instalacións. Leva funcionando mais de 25 anos (dende 1991) e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e adestramento-competición, de vela, remo e piragüismo. Ofrécense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal.
Festas
[editar | editar a fonte]- Festa de Nosa Señora das Neves: en Barral; 4, 5 e 6 de agosto. Inclúen a celebración da festa gastronómica da anguía.
- Festas de San Roque: en Macendo; 15 e 16 de agosto.
- Festas de San Antonio: en Souto; segundo sábado de xullo.
- Ribeiro Blues: segunda fin de semana de agosto (cancelado desde 2021).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Castrelo de Miño.
-
Encoro de Castrelo de Miño.
-
Igrexa de Santa María de Prado de Miño
-
Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño.
-
Igrexa de Santo Estevo de Ponte Castrelo.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castrelo de Miño
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo de Miño vexa: Lugares de Castrelo de Miño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto Galego de Estatística". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 07 de agosto de 2017.
- ↑ Moralejo Lasso, A.: Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela. Editorial Pico Sacro. 1977, páxs. 22, 25 e 281. ISBN 84-85170-20-2
- ↑ Sitio web do Club Náutico Castrelo de Miño
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castrelo de Miño |