Saltar ao contido

Vigo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 115: Liña 115:
No ano [[2004]] o tráfico portuario foi de 4.730.399 toneladas (un 5,43% máis ca no [[2003]]) o que o consolida como o porto pesqueiro máis importante de [[Europa]]{{ReferenciaRequerida}}.
No ano [[2004]] o tráfico portuario foi de 4.730.399 toneladas (un 5,43% máis ca no [[2003]]) o que o consolida como o porto pesqueiro máis importante de [[Europa]]{{ReferenciaRequerida}}.


{| class="wikitable" align=left style="clear:left"
Tráfico do porto durante o [[2004]] (en toneladas):
|+ Tráfico do Porto de Vigo no 2004
*Conservas: 36.359
!!!en Toneladas
*Froitas e Hortalizas: 51.346
|-
*Granito bruto: 571.821
| [[Conserva|Conservas]] || align="right" | 36.359
*Granito elaborado e mármores: 46.793
|-
*Madeira: 267.273
| [[Froita]]s e [[hortaliza]] || align="right" | 51.346
*Metais e manufacturas: 213.077
|-
*Papel e pasta: 26.917
| [[Granito|Granito bruto]] || align="right" | 571.821
*Mercadorías de colectores: +-2.000.000
|-
*Total de mercadorías: 4.235.331
| [[Granito elaborado]] e [[Mármore]]s || align="right" | 46.793
*Total: 4.730.399
|-
| [[Madeira]] || align="right" | 267.273
|-
| [[Metal|Metais]] e manufacturas|| align="right" | 213.077
|-
| [[Papel]] e pasta || align="right" | 26.917
|-
| Mercadorías de colectores || align="right" | +-2.000.000
|-
| '''Total de mercadorías''' || align="right" | 4.235.331
|-
|'''Total''' || align="right" | '''4.730.399 '''
|-
|colspan=2|''Source: <br>[[UN Food & Agriculture Organisation]] (FAO)''[http://faostat.fao.org/faostat/form?collection=Production.Crops.Primary&Domain=Production&servlet=1&hasbulk=0&version=ext&language=EN]
|}


Os grandes cruceiros como o [[Queen Mary 2]] fan escala habitualmente no peirao de trasatlánticos de Vigo.
Os grandes cruceiros como o [[Queen Mary 2]] fan escala habitualmente no peirao de trasatlánticos de Vigo.

Revisión como estaba o 20 de decembro de 2007 ás 23:49

"N / 8°43'52.60"O_E_ 0°00′00″N 0°00′00″L / 42_13_23.08_N_08_43_52.60_W, 42°13'23.08"N / 8°43'52.60"O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Vigo
Situación
Xentilicio[1]Vigués/esa ou Olívico/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación293.725 hab.[2][3]
Área109,4 km²[3]
Densidade2.684,87 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias[4]
Capital do concelloVigo
Política (2007)
AlcaldeAbel Ramón Caballero Álvarez (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 5 concelleiros
PPdeG: 13 concelleiros
PSdeG-PSOE: 9 concelleiros
Outros: -
{{{eleccións}}}
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes82,48%
Na rede
http://www.vigo.org/
Facebook: 168168246554044 BNE: XX450758 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vigo (tamén coñecida como A Cidade Olívica) é a cidade máis industrializada e poboada de Galiza, e a cidade sen rango de capital con máis poboación de España. Situada na ribeira sur da Ría de Vigo, ten o máis importante porto de pesca de Europa Modelo:ReferenciaRequerida e un dos meirandes do mundo. Está situada na provincia de Pontevedra e a súa poboación é de 293.255 persoas segundo o Padrón municipal do 2006[6].

Limita ao norte co Océano Atlántico, ó nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos concellos de O Porriño e Gondomar, e ao sueste co concello de Nigrán.

Evolución da poboación de Vigo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
23.259 65.012 137.873 258.724 292.059
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Artigo principal: Historia de Vigo.

Vigo e a súa comarca estiveron poboados desde tempos antigos, a pesar de que os restos atopados en xacementos non abraguen épocas anteriores á Idade de Pedra. A cultura castrexa desenvolta en Galicia deixou na cidade olívica importantes pegadas, que levan a pensar que a cidade tivo unha das maiores densidades de poboación de toda Galicia.

En Vigo o proceso de romanización foi moi temperán e intenso, aínda que durou preto de seiscentos anos. Recentes intervencións arqueolóxicas falan dun importante asentamento, o Vicus romano. A información de cidade con respecto á Idade Media é moi escasa. Os ataques xermanos e piratas provocaron unha emigración de gran parte da poboación cara zonas máis seguras no interior. Coa dominación da sociedade galega por parte da Igrexa nesta época, Vigo dependeu durante moito tempo do Mosteiro de Melón. Foi xa avanzada a Idade Media que Martín Códax compuxo as súas fermosas cantigas de amigo.

Do século XV ao XVIII Vigo foi medrando paseniño, a pesar dos constantes ataques piratas. Acadou durante a Idade Moderna importancia na actividade artesanal e mailo comercio pesqueiro. Os armadores vigueses, encargados da defensa da ría, rexeitaron en 1589 o ataque dunha armada inglesa ao mando de Francis Drake. Tamén foi histórica a batalla de Rande.

A principios do século XIX Vigo foi, como moitos outros lugares de España, ocupado polo exército de Napoleón. Un levantamento popular encabezado polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” expulsou ao exército francés. A segunda metade do século foi un período de continuo crecemento da cidade, e un considerable aumento da súa industria. A finais do século, a cidade contaba con 15.000 habitantes.

O século XX caracterizouse polo asombroso despegue económico. Instaláronse novas industrias, melloráronse as comunicacións, creáronse plans de ensanchamento da cidade, etc. No primeiro terzo de século os seu porto encheuse de milleiros de galegos que embarcaban cara as Américas. Tamén foi salientable a actividade social e cultural: xornais, asociacións políticas, sindicatos... Toda unha actividade neutralizada polo comezo da Guerra Civil Española (19361939). Entre as víctimas atopábase o alcalde Emilio Martínez Garrido, fusilado o 26 de agosto de 1936.

Nas décadas de 1960 e 1970, Vigo sufriu un crecemento urbano acelerado e ás veces desordeado, motivado polo desenvolvemente industrial. A oferta laboral atraeu numerosa inmigración das zonas rurais de Galicia. A pesar da crise do petróleo, que azotou a cidade entre 1975 e 1985, desde finais da década de 1980, obsérvase certa recuperación económica, que afianzou a comarca como unha moderna e importante zona industrializada e de servizos, tendencia que se prolonga, aínda que con certo ritmo decrecente, ata a actualidade.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Vigo.

Limita ao norte co Océano Atlántico, ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos concellos de O Porriño e Gondomar, e ao sueste co concello de Nigrán.

A cidade presenta unha topografía variada na que se suceden áreas deprimidas e sectores elevados, zonas case chás e outras en pendente, estando o seu centro nun monte, o Castro. Isto fai que moitas das rúas dos barrios centrais sexan pendentes moi pronunciadas.

Poboación

Segundo os datos do censo, no ano 1910 había ao redor de 30.000 habitantes, fronte aos case 300.000 actuais, que se reparten polas diferentes parroquias da cidade.

Clima

A cidade caracterízase por un clima suave, con escasas xeadas, variacións térmicas moderadas e con precipitacións elevadas e certa sequía estival. Pódese dicir que é un clima oceánico de transición ao mediterráneo, un clima privilexiado característico das Rías Baixas.

O mar exerce unha acción suavizadora do clima, reducindo a diferenza de temperaturas estivais e invernais. Os ventos nórdicos arrastran en verán as augas superficiais quentes permitindo así o afloramento das frías. Debido á súa baixa temperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvias durante o verán.

Economía

O porto constitúe o motor da economía viguesa. Á marxe do propio e considerábel volume de negocio e emprego que xeran as simples actividades portuarias, as condicións do porto resultaron decisivas para a radicación na cidade dunha potente industria. Ás actividades industriais tradicionais, vencelladas moi estreitamente ao carácter mariñeiro da cidade (construción naval, en permanente proceso de incorporación de innovacións que a situaron na vangarda mundial, e transformación de produtos pesqueiros, revolucionada a partir do século XVIII coa introdución de novos métodos de conserva), engadiuse a mediados do século XX a industria automobilística, coa localización en 1956 nos terreos da Zona Franca dunha factoría de Citroën (na actualidade PSA Peugeot-Citroën) que, á parte de fornecer ao redor dos 10.000 empregos directos, favoreceu a aparición dun grande número de industrias auxiliares, xurdidas nun primeiro momento para subministrarlle pezas, que conseguiron diversificar a súa clientela grazas aos seus investimentos en investigación e desenvolvemento de novos produtos, acadando en conxunto cifras de emprego e facturación superiores ás da propia factoría de Citroën.

A construción é, coma no conxunto do país, unha actividade moi destacada, tanto en termos de emprego como de negocio. Tamén sobresae Vigo como capital da industria editorial galega.

Alén da actividade industrial e pesqueira, Vigo salienta como cidade de servizos, centro de atracción comercial dunha área que se estende polo Norte até o Salnés, polo Leste até Ourense e polo Sur supera, cruzando o Miño, unha fronteira estatal que deixou de constituír barreira mercé ao Tratado da Unión Europea. Este carácter de cidade de servizos refórzase co feito de seren os seus hospitais públicos (outro importante nicho de emprego) os centros de referencia para toda a poboación desde a beira meridional da Península do Morrazo até o Baixo Miño.

O sector financeiro autóctono lidérao Caixanova, a entidade herdeira da Caixa de Aforros e Monte de Piedade Municipal de Vigo, fusionada coas caixas de Ourense e de Pontevedra a principios do século, que mantén a súa sede social na cidade. O antigo Banco de Vigo mercouno na década de 1970 o Banco de Bilbao (actual Banco Bilbao Vizcaya - Argentaria); máis recentemente diluíu a súa personalidade o Banco Simeón, que perdeu a súa denominación logo de integrarse no grupo portugués Caixa Geral de Depósitos).

A pegada na cidade da actividade académica da Universidade de Vigo resulta dificilmente perceptíbel, debido en gran parte á localización periférica do Campus Universitario (no centro urbano tan só se concentran as Escolas Universitarias de Enxeñaría Técnica Industrial e de Administración de Empresas); malia todo, a colaboración coa industria e empresas locais dos equipos de investigación dos seus departamentos e facultades, cun marcado perfil politécnico, ofrece constantemente exemplos da utilidade social que debe proporcionar un servizo público como son as institucións universitarias.

Zona Franca

A Zona Franca de Vigo é unha das tres que existen en España, xunto ás de Barcelona e Cádiz, e ten como obxectivo principal incentivar o estabelecemento de empresas con vocación exportadora, mediante a aplicación de exencións tributarias e alfandegueiras.

A Zona Franca de Vigo creouse mediante Decreto-Lei do 20 de xuño de 1947, coa intención de aproveitar as favorábeis condicións estratéxicas da localización do porto vigués ao respecto do comercio marítimo internacional para impulsar o desenvolvemento industrial na rexión.

O seu órgano reitor é o Consorcio da Zona Franca, presidido nominalmente polo Alcalde do Concello de Vigo e integrado polo Delegado do Estado, que ostenta a vicepresidencia, catro vogais en representación do Estado, cinco en representación da corporación municipal, o Director de Obras do Porto, o Administrador de Aduanas, e senllos vogais representantes da Deputación Provincial, Autoridade Portuaria de Vigo e Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, ademais do seu Secretario Xeral, nomeado polo Estado, e un avogado do Estado.

Porto

Imaxe de satélite do porto de Vigo.

No ano 2004 o tráfico portuario foi de 4.730.399 toneladas (un 5,43% máis ca no 2003) o que o consolida como o porto pesqueiro máis importante de EuropaModelo:ReferenciaRequerida.

Tráfico do Porto de Vigo no 2004
en Toneladas
Conservas 36.359
Froitas e hortaliza 51.346
Granito bruto 571.821
Granito elaborado e Mármores 46.793
Madeira 267.273
Metais e manufacturas 213.077
Papel e pasta 26.917
Mercadorías de colectores +-2.000.000
Total de mercadorías 4.235.331
Total 4.730.399
Source:
UN Food & Agriculture Organisation (FAO)
[1]

Os grandes cruceiros como o Queen Mary 2 fan escala habitualmente no peirao de trasatlánticos de Vigo.

No ano 2004 a cidade de Vigo foi elixida como sede da Axencia Europea de Pesca, despois de desbloquearse os acordos sobre as axencias europeas, os cales levaban dous anos bloqueados. Para os meses de marzo e xuño do ano 2008, agárdase que se instalen os funcionarios da axencia, aínda que traballarán nunha sede temporal mentres non se rematen as obras da Comandancia de Mariña[7].

Aeroporto

No ano 2006, o aeroporto de Peinador acadou a cifra de 1.187.730 pasaxeiros[8], o que constitúe un crecemento do 7,1% fronte aos datos do 2005. O aeroporto de Peinador foi construído nos terreos pertencentes aos concellos de Vigo, Redondela e Mos, estes dous últimos, integrantes da actual área metropolitana de Vigo.

Cultura

Actividade editorial

Desde o século XIX foise conformando como o maior centro editorial de Galicia. As orixes da imprenta en Vigo están vinculadas co medre da cidade, a defensa dos intereses locais e o espallamento de ideas progresistas. O 3 de novembro de 1853 o impresor Ángel de Lema y Marina publica o primeiro número de Faro de Vigo, co apoio de dous persoeiros combativos, José Carvajal e o poeta José María Posada, que afrontaron os conflitos daquel momento (o problema do lazareto da Illa de San Simón, que causou disputas coa Coruña, a emigración, a loita polo ferrocarril e a miseria do mundo agrario). A súa primeira sede editorial estivo na rúa da Oliva e logo na rúa Colón. Acompañando ao xornal publicou folletíns de autores galegos e estranxeiros, libros en edición popular e coleccionables relativos á historia e etnografía local. En 1856 créase a Imprenta Compañel na rúa Real, rexida polo impresor Juan Compañel co apoio de Alexandre Chao e o erudito Manuel Murguía. Tratábase dunha editorial rexionalista na liña do espírito do Bienio Progresista. Entre as súas publicacións cómpre salientar o xornal La Oliva (1956-), que trocará o nome da cabeceira por El Miño entre os anos 1857 a 1868. A editorial publicou diversos libros de ciencia, literatura, educación, pensamento e folletíns como suplemento do xornal, pero o seu título máis salientable é Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, con pé de imprenta do 17 de maio de 1863, data que se lembra cunha placa na porta do edificio. A finais do século XIX instalouse en Vigo o hispanista Eugenio Kraft, especializado en edicións filolóxicas da literatura española.

Pouco e pouco vai medrando a actividade editorial na cidade, pero o pulo definitivo chega logo da guerra civil, sobre todo no ámbito das editoriais galeguistas, aínda que aparecen algunhas iniciativas de edición en español que teñen interese. En 1943 Marcial Lafuente Estefanía, enxeñeiro represaliado por republicano que vivira nos Estados Unidos, e mais o libreiro-impresor Barrientos, dono da libraría Tetilla, fundan a Editorial Cíes e ese ano Lafuente Estefanía publica a súa primeira novela do oeste, La mascota de la pradera. Cíes comezou con dúas liñas de novela popular en formato peto, todas escritas polo mesmo autor. Colección Rodeo, a que de maior proxección, especializouse nas novelas do oeste. A novela romántica publicábase noutra colección de menos éxito, e asinada con pseudónimo feminino. No mesmo ano 1943 ábrese con Una aventura romántica, asinada co pseudónimo María Luísa Beorlegui, o nome da súa muller, aínda que empregou tamén o pseudónimo Cecilia de Iraluce para outra obra publicada neses anos, Un anuncio original. Axiña a editorial depende só de Marcial Lafuente Estefanía e muda a sede editorial a Madrid, primeiro, e logo a Ávila. Logo de pertencer aos selos editoriais Bruguera e Ediciones B, na actualidade volve ser unha editora familiar con sede en El Campello, Alacante.

En 1948 Xosé María Álvarez Blázquez e Luís Viñas Cortegoso crean o anticuario Monterrey, na rúa Pi i Margall e dous anos máis tarde fundan Edicións Monterrey. Empezaron publicando libros de bibliofilia, entre eles o polémico Cancioneiro de Monfero, que non era a edición dun códice medieval senón poemas de estilo medieval escritos por X.M. Álvarez Blázquez. En 1951 fúndase Editorial Galaxia, con sede na rúa Reconquista, 1. O seu obxectivo era crear un espazo para a potenciación e modernización do galeguismo. Aínda que se trata dunha editorial xeralista de carácter nacionalista, desde os seus comezos fixou a súa liña editorial, que se centraba na publicación de literatura galega, ensaio e a revista Grial. O seu primeiro director foi Francisco Fernández del Riego, e logo ocuparon este cargo Carlos Casares e Víctor Freixanes. En 1964 os irmáns Álvarez Blazquez abren un novo proxecto editorial, Ediciós Castrelos, con dúas liñas editoriais fundamentais: clásicos galegos, na colección Follas Novas, e a primeira colección de cultura popular galega, Os Libros do Moucho, que publicaba libros escritos polos propios editores, especialmente Xosé María, de etnografía, obras literarias clásicas breves, curiosidades lingüísticas…

A chegada das autonomías contribúe a potenciar a edición en galego, e con ela, a aparición de novas editoriais, que elixen Vigo como sede. En 1979 Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez, responsable de Editorial Anaya, crean Edicións Xerais de Galicia, con sede na rúa Doutor Marañón, especializada nos seus comezos en literatura galega e libro de texto. A Maure, seguíronlle na dirección da editorial Luís Mariño, Víctor Freixanes e Manuel Bragado. En 1985 Bieito Ledo Cabido funda Ir Indo, que mantén unha liña xeneralista, aínda que salienta sobre todo pola produción do primeiro proxecto enciclopédico en galego (a primeira edición da Gran Enciclopedia Galega, un proxecto da mesma editorial que produciu a Enciclopedia Asturiana, redactárase en español). En 1960 fúndase SEPT, vinculada á fundación do mesmo nome, unha editorial especializada no libro cristián en galego. Hai que salientar a publicación da primeira edición da Biblia en galego. En 1977 créase A Nosa Terra, que nos seus comezos publica só o semanario do mesmo nome, pero logo se converte en editorial xeneralista de marcada liña nacionalista e independentista. En 1984 Carlos del Pulgar funda Nova Galicia, con sede na Rúa Ricardo Mella, 143. Está especializada en libros de arte tanto en galego como en español coa intención de chegar tamén a un público non galego, e en xeral, libros de arte. A outra liña editorial destacada é a publicación de facsimilares de cabeceiras históricas do xornalismo galeguista (A Nosa Terra, A Fouce, Galeusca, O Tío Marcos da Portela, Nós...). En 1988 Carlos Blanco funda Edicións do Cumio, con sede oficial en Vilaboa, pero moi vinculada a Vigo. Cando Antón Mascato asume a dirección esta editorial xeralista especialízase en lexicografía galega, dicionarios enciclopédicos, música e edición multimedia. En 1991 Gonzalo Allegue funda Nigra, que en 1998 se fusiona cunha editora asturiana e se chama Nigratrea, especializada en coidados libros de cultura popular e unha colección de libros de fotografía histórica galega, que constitúe o máis coñecido do seu catálogo. En 1993 créase Tambre, en Lavadores, como filial de Edelvives, e especialízase en libro infantil e xuvenil e educativos Nestes anos o vigués Severino Cardeñoso Álvarez, especialista en poesía, funda Ediciones Cardeñoso, con sede na rúa República Arxentina, especializada en libros en español e galego de escritores noveis.

  • Fontes: Díez, Julián, “El mejor escritor del oeste”, El Mundo, 01/04/2007; Méndez Ferrín, Xosé Luís,“Editores vigueses”, Faro de Vigo, 08/09/2007, p. 4; Santos Gayoso, Enrique, Historia de la prensa gallega 1800-1986, Sada: Ed. Do Castro, 1990-1995; web da Asociación Galega de editores [2].

Deporte

As actividades deportivas comezaron a practicarse no seo dos centros de ensino e sociedades recreativas a finais do século XIX. Entre as entidades deportivas máis antigas destacan o Real Club Náutico de Vigo, fundado en 1906, e o Liceo Marítimo de Bouzas, fundado en 1907. Nadadores, remeiros e regatistas do Náutico representaron á cidade nas máis importantes competicións internacionais, integrando as distintas seleccións españolas, coas que participaron en Xogos Olímpicos e mesmo acadaron títulos continentais e mundiais. En 1915 fúndase o Comesaña Sporting Club na parroquia do mesmo nome, a agrupación decana do atletismo galego, que deu atletas destacados nas décadas de 1920 e 1940.

A puxanza do mundo da vela local non pasou desapercibido á organización da regata Volta ao Mundo de Veleiros Volvo Ocean Race, que nunha aposta novidosa partiu desde Vigo o 12 de novembro de 2005. Por primeira vez unha cidade non británica era a encarregada de dar saída a este evento deportivo de grande relevancia na vela mundial.

O club máis representativo da cidade é o Real Club Celta de Vigo, creado en 1923 da fusión do Real Vigo Sporting e o Real Fortuna, equipos que até daquela rivalizaban na hexemonía do fútbol galego, alternándose na conquista dos títulos rexionais (o Vigo chegara a proclamarse subcampión de España en 1908). A actividade do R.C. Celta céntrase no fútbol, malia que mantén unha sección de atletismo que compite na máxima categoría española e que proporcionou tamén atletas olímpicos, como os míticos Carlos Pérez e Álvarez Salgado, ou máis recentemente os tamén fondistas Alexandre Gómez e Carlos Adán ou o decatleta David Gómez. Os principais éxitos futbolísticos célticos foron os tres subcampionatos da Copa de España (1948, 1994 e 2001) e a disputa de competicións continentais, nas que tivo a honra de ser o primeiro club galego en participar (ao debutar na primeira edición da Copa da UEFA) e en conquistar un torneo oficial (a Copa Intertoto de 2000).

O Celta mantivo ata finais dos anos 80 unha sección de baloncesto feminino que conquistara a supremacía na canastra española ao comezo daquela década, na que coleccionou títulos de liga e copa da Raíña. Trala desvinculación do Celta, o baloncesto feminino vigués mantívose na elite nacional (aínda que relegado da loita polos trofeos), ata que a principios do novo século, recuperada a denominación céltica, voltou a conquistar os campionatos de liga e copa.

Outro deporte moi arraigado na cidade é o balonmán. Ao histórico Vulcano sucedeulle no liderazgo do balonmán vigués o Academia Octavio, de dilatada traxectoria na máxima categoría nacional. A mediados da década de 1990, o Octavio acadou os seus maiores logros, cun subcampionato de Copa do Rei en 1995 que lle abriu as portas das competicións europeas, nas que se convertiu en protagonista nas tres tempadas seguintes, quedándose por dúas veces ás portas da gran final.

Outro deporte de gran tradición na cidade é o voleibol. O Club Voleibol Vigo é o decano dos participantes na División de Honra española.

A vocación deportiva da cidade exprésase coa proliferación de talentos nas máis variadas disciplinas e coa organización de torneos e probas de rango internacional. Alpinistas como Chus Lago, primeira muller española en acadar o cumio do Everest sen axuda de osíxeno suplementario, ou patinadoras como Tamara Valderrama acreditan esta afirmación. Entre os acontecementos deportivos máis importantes que acolleu a cidade destacan a Fase final da Copa do Mundo da FIFA en 1982 (fútbol), os Torneos Preolímpicos de balonmán masculino (1972) e baloncesto feminino (1992), probas da Copa do Mundo de Saltos hípicos, da Copa do Mundo de Bicicleta de Montaña, a saída da regata volta ao mundo-Volvo Ocean Race en 2005 ou as escalas da espectacular Cutty Sark Tall Ship Race de grandes veleiros de época.

Turismo

Vigo é unha cidade interesante para o turismo, cun fermoso porto e casco vello, museos variados (de arqueoloxía, arte antiga e contemporánea, etc), zonas comerciais, unha grande dotación de hoteis e coa fortuna de estár rodeada de localidades e paraxes de grande atractivo turístico e paisaxístico.

Museos

Verbum ou Casa das palabras

O Verbum é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Escolleuse o nome de Verbum, vocablo latino que significa "palabra", porque a palabra é a orixe do proxecto e o latín é a orixe das linguas faladas en Galicia.

A construción atópase situada en primeira liña fronte ao mar, no contorno da praia de Samil; zona de ocio cun longo paseo marítimo que bordea a praia, ademais de zonas verdes, dotacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostalería e aparcadoiros.

Emprazado na beira da ría, en Punta de Muíño (parroquia de Alcabre), dende el tense unha vista privilexiada da ría. O seu contido museístico versa sobre o mar e a súa relación con Galiza e as xentes que dependen del. O edificio en que está aloxado foi deseñado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela, se ben o primeiro faleceu antes de comezar as obras.

Porta principal do MARCO

O edificio constituíu na súa orixe un cárcere. Anos máis tarde sería rehabilitado de forma que o 13 de Novembro de 2002 volvería abrir as súas portas como museo.

Consta de dúas plantas e un espazo anexo. Acolle exposicións artísticas en diversos soportes tales como fotografía, escultura ou pintura. Ademais destas mostras tamén presenta diversas actividades didácticas.

Situado no antigo Pazo de Lavandeira, que fora doado polo Marqués de Alcedo en 1925, está dividido en tres áreas; na planta baixa está decorada simulando o aspecto do pazo cando estaba habitado, outra área está adicada a arte galega contemporánea e, finalmente está a área de prehistoria e arqueoloxía de Vigo e a súa bisbarra.

O Museo Liste de Vigo, naceu a partires da Fundación Liste, a seu principal obxectivo é dar a coñercer e difundir o patrimonio etnográfico galego. O museo conta con nove salas de exposicións con máis de 2.000 pezas á disposición do público. A sede do museo atópase na rúa Pastora 22, nun edificio civil propiedade do Concello de Vigo e cedido á Fundación Liste por un prazo de 50 anos.

Casa das artes

A Casa das Artes, situada na rúa Policarpo Sanz 15, é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de Vigo. Tamén constitúe a sede da Fundación Laxeiro e da colección Luis Torras.

A Casa Galega da Cultura é un centro multidisciplinar, no que se concilia a programación de actividades artísticas e literarias coa existencia dun fondo bibliográfico e museográfico altamente cualificado no que se refire ó estudio da realidade histórica e actual de Galicia. O centro dispón de sala de exposicións temporais, salón de actos, sala de exposición permanente, sala de lectura e sala de lectura para investigadores, a máis de dependencias de uso interno. Entre os elementos máis salientables da Casa Galega da Cultura compre referirse á Biblioteca Penzol, a Biblioteca Fernández del Riego e o Museo Francisco Fernández del Riego.

Con motivo da construción dun centro de saúde na rúa Rosalía de Castro acháronse, a principios do século XXI, unhas salinas[9] romanas. Resalta deste xacemento arqueolóxico o seu tamaño e a súa vinculación con outros achádegos da zona contemporáneos no tempo.

A Consellería de Cultura está a desenvolver un plan de musealización do xacemento do que prevé a súa apertura ao público no ano 2008[10]

Vigueses destacados

De onte

De hoxe

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Vigo

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vigo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. http://www.ige.eu/igebdt/verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=1&COD=589&R=9913[36:36020:36001:36003:36002:36004:36005:36006:36007:36008:36009:36010:36011:36012:36013:36014:36015:36016:36017:36018:36019:36021:36022:36023:36901:36024:36025:36026:36027:36028:36029:36030:36031:36032:36033:36034:36035:36036:36037:36041:36043:36042:36044:36038:36039:36040:36045:36046:36047:36048:36049:36050:36051:36052:36053:36054:36055:36056:36057:36059:36058:36060:36061]&C=0[0]&F=1:2&S=
  7. http://www.elcorreogallego.es/index_2.php?idEdicion=692&idMenu=77&idNoticia=228945 A Axencia Europea de Pesca, lista para o 2008
  8. http://estadisticas.aena.es/csee/ccurl/Anyo%202006.pdf
  9. Unha zona preindustrial de tratamento da sal con fins comerciais
  10. "Las salinas de Rosalía, un nuevo museo". Atlántico Diario. Xoves 29 de novembro de 2007

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana", Faro de Vigo (2002). Depósito legal: V-5016-2002.

Outros artigos

Ligazóns externas

Institucións

Asociacións veciñais

Turismo e guías

Feiras e exposicións

Compañías

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)