Míchel Salgado
Míchel Salgado | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Miguel Ángel Salgado Fernández | ||
Nacido | 22 de outubro de 1975 (45 anos) | ||
Lugar | As Neves | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Cristo Victoria | |||
Celta de Vigo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1994–1995 | Celta B | 20 | (0) |
1995–1999 | Celta de Vigo | 92 | (3) |
1996–1997 | → Salamanca (cedido) | 36 | (1) |
1999–2009 | Real Madrid | 254 | (4) |
2009–2012 | Blackburn Rovers | 66 | (0) |
Selección nacional | |||
1994 | España sub-18 | 7 | (0) |
1995 | España sub-19 | 2 | (0) |
1995 | España sub-20 | 5 | (1) |
1996–1998 | España sub-21 | 10 | (0) |
1998–2006 | España | 53 | (0) |
2005 | Galicia | 1 | (0) |
Adestrador | |||
2016– | Galicia | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Miguel Ángel "Míchel" Salgado Fernández, nado en Vide (As Neves) o 22 de outubro de 1975, é un ex futbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española e a selección galega.
Actualmente é o seleccionador, xunto con Fran, da selección galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Míchel Salgado comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 1994–95 deu o salto ao cadro do primeiro equipo vigués. Tras estar cedido no UD Salamanca a tempada 1996–97, Salgado volveu ao Celta de Vigo onde se consolidou como un dos mellores defensas do fútbol español, que o levaron á selección en 1998, coa que debutou coa derrota de España en Chipre (3–2).
No verán de 1999 o Real Madrid fíxose cos servizos do lateral galego, que gañou a titularidade dende entón no once merengue. É coñecido como "Il due" (o 2), o seu dorsal. No verán de 2009, malia ter tres anos máis de contrato co club branco, o Real Madrid decidiu prescindir dos seus servizos. Salgado fichou polo Blackburn Rovers, que milita na Premier League inglesa, club no que permaneceu até 2012.
O 6 de maio de 2016 foi presentado, xunto con Fran, como seleccionador da selección galega.[1]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- 2 veces campión da Copa de Europa, en 2000 e 2002
- 1 vez campión da Copa Intercontinental, en 2002
- 1 vez campión da Supercopa de Europa, en 2002
- 4 veces campión da liga española, en 2001 , 2003 ,2007 e 2008
- 2 veces campión da Supercopa de España, en 2001 e 2003
- Foi internacional absoluto coa selección española. Coa selección española sub 21 gañou no 1998 o Campionato de Europa.
- Tamén foi internacional coa Selección galega.
Como empresario[editar | editar a fonte]
Míchel Salgado converteuse, grazas aos beneficios conseguidos coa práctica deportiva, nun importante empresario. Posúe intereses inmobiliarios en Vigo, asociado nalgúns casos ao exfutbolista Valery Karpin, e no Porriño. Tamén ten investimentos na cría de cabalos de carreiras[2], e é o presidente do club de hóckey a patíns Vigo Stick[3].
Tamén ten intereses no sector audiovisual, onde posúe unha porcentaxe da canle Destino Galicia, unha canle de televisión dixital de temática galega.[2].
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1975
- Nados nas Neves
- Futbolistas da provincia de Pontevedra
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Blackburn Rovers FC
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Medallas Castelao
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Adestradores da selección de fútbol de Galicia