Saltar ao contido

Antonio Durán "Morris"

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Durán "Morris"

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Antonio Segundo Durán Moreiras Editar o valor en Wikidata
9 de xullo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMorris Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, presentador, actor de dobraxe Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata -
Familia
ParellaEnma Pino Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0244460 Allocine: 174297 Allmovie: p450696 BNE: XX4807827 BUSC: morris-1959 Editar o valor en Wikidata

Antonio Segundo Durán Moreiras, máis coñecido como "Morris", nado en Vigo o 9 de xullo de 1959, é un actor galego. Cunha carreira interpretativa que abrangue case 50 anos, traballou en máis dun cento de obras audiovisuais e é un dos rostros máis célebres e recoñecidos do cine, a televisión e o teatro en Galicia.[1] Fíxose especialmente popular polos papeis de Antón Santos na serie Pratos combinados e Delmiro Ferreira en Padre Casares, personaxes que interpretou ao longo de 14 e 16 tempadas respectivamente.

É o actor que máis veces foi nomeado aos Premios Mestre Mateo, cun total de 20 candidaturas, sendo nomeado en 16 das 17 primeiras edicións. Gañou dito galardón en seis ocasións, aos que suma entre outros un Premio Feroz polo seu papel do narcotraficante arousán Manuel Charlín en Fariña, e catro Premios María Casares pola súa actividade teatral.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio vigués de Teis, no seo dunha familia de orixe ourensá, sendo seu pai natural de Monforte de Lemos e súa nai dos Peares.[1][2] Estudou no colexio Labor, onde recibiu o alcume de Morris, como unha variación do seu segundo apelido, Moreiras.[3] Durante a súa xuventude utilizou Morris tamén como o seu pseudónimo como militante da Liga Comunista Revolucionaria.[4]

O seu interese pola actuación naceulle no instituto, cando unha profesora de francés lle propuxo participar na obra de teatro de Castelao Os vellos non deben de namorarse, que interpretaron o Día das Letras Galegas.[4] A continuación formou parte dun grupo teatral de Teis e en 1978 fundou xunto a Ernesto Chao e Manuel Pombal a compañía Artello Teatro.[5] Con este grupo representou numerosas obras, tendo especial éxito con Celtas sen filtro, de Xosé Luís Méndez Ferrín, estreada en 1983.[6] En 1984 participou na creación do Centro Dramático Galego.[2]

A mediados da década de 1980 adentrouse no audiovisual, aparecendo nas curtametraxes Os homes e a noite, de Antonio Caeiro, e Só para nenos, de Milagros Bará. O seu debut televisivo produciuse en 1986, no programa da Televisión de Galicia dirixido por Manuel Rivas O mellor, onde realizaba unha parodia dun "home do tempo.[1] No resto da década traballou noutros programas da TVG como A tumba aberta, de Xaime Fandiño; A ver que vái ser esto, no que realizaba gags humorísticos xunto a Manuel Manquiña parodiando a programación da canle; ou S.O.S., un espazo dirixido por Chichi Campos no que coincidiu tamén con Manquiña, ademais de con Geluca Roca e Xosé Manuel Maseda.[7] Traballou tamén como actor de dobraxe, sendo especialmente icónico o seu traballo poñendo voz ao Mestre Mutenroi en As bólas máxicas e na súa continuación, Dragon Ball Z.[8]

Ao mesmo tempo, continuaba cunha intensa actividade teatral no Centro Dramático Galego, con obras como Almas perdidas, xunto a Alfonso Agra e o propio Manquiña, Galicia S.L., con Ernesto Chao, Rosa Álvarez, Luma Gómez, Mabel Rivera, Marisa Soto e Tuto Vázquez entre outros, ou As alegres casadas, co mesmo grupo de actores.[9][10] Convertido na figura máis coñecida da escena teatral galega,[11] en 1990 realizou a súa primeira incursión no cine, interpretando a un camareiro no filme Continental, de Xavier Villaverde.[12] Durante eses anos participou na primeira serie galega de ficción, Servicio de urxencias, traballou nos sketchs humorísticos do concurso da TVG A reoca, e presentou os programas Fatal, fatal, fatal, Olé os teus vídeos e A familia mudanza.

Especialmente popular fíxoo o seu traballo na serie Pratos combinados, a primeira comedia de situación da TVG, estreada o 1 de decembro de 1995 e na que interpretaba a Antón Santos, cuñado do protagonista Miro Pereira (Ernesto Chao). A serie foi o primeiro grande éxito de audiencia da canle galega e emitiuse durante 14 tempadas, catapultando á fama aos seus actores. Polo seu traballo nesta serie recibiu os seus primeiros tres nomeamentos aos Premios Mestre Mateo, todos na categoría de mellor actor protagonista. Paralelamente ao seu traballo nesta serie, tivo pequenos papeis en producións de fóra de Galicia, como nas series de éxito Periodistas, Los Serrano e Los hombres de Paco, ou os filmes Matías, juez de línea e Atilano, presidente.

En 2002 púxose por primeira vez ás ordes do director Fernando León de Aranoa, cunha pequena aparición no aclamado filme Os luns ó sol, rodado en boa parte no seu Vigo natal. Tres anos despois volveu traballar nun filme de Aranoa, interpretando a un maltratador.[13] No ano 2007 recolleu o seu primeiro Mestre Mateo, na categoría de mellor actor secundario, grazas ao seu traballo no filme O partido, dirixido por Juan Calvo.[14] Entre 2007 e 2009 formou parte do elenco de humoristas do programa Air Galicia, xunto a cómicos como Evaristo Calvo, Isabel Risco, Federico Pérez, Marcos Pereiro, Patricia Vázquez ou o seu amigo Manquiña, e foi nomeado novamente aos Mestre Mateo.[15] Ademais, recibiu da Xunta de Galicia o Premios Chano Piñeiro, xunto ao arxentino de orixe galega Eduardo Blanco.[16]

En 2008 meteuse na pel de Delmiro Ferreira, o alcalde comunista da ficticia vila de Louredo na serie Padre Casares. A produción, na que foi un dos actores principais xunto a Pedro Alonso e Gonzalo Rei Chao, converteuse no espazo líder de audiencia en Galicia e alongouse durante 16 tempadas, ata setembro de 2015. Por este papel foi nomeado ata cinco veces aos Premios Mestre Mateo como mellor actor protagonista, aínda que non conseguiu levar o premio.[14]

Paralelamente participou nesa época en episodios das series Sin tetas no hay paraíso, La que se avecina e Matalobos, ao tempo que se incrementaba notablemente a súa actividade no cine, aparecendo en numerosas películas, entre elas Os mortos van á presa, a premiada Cela 211, Amador (o seu terceiro traballo con Aranoa), Retornos, Os fenómenos ou Somos xente honrada. Ademais, entre 2011 e 2012 representou a obra de teatro O florido pénsil, xunto a Federico Pérez, Alfonso Agra, Josito Porto y Xosé Manuel Olveira "Pico".[17]

En 2012 gañou o seu segundo Mestre Mateo, polo seu papel de Cañete no filme Doentes, de Gustavo Balza.[14] En 2014 interpretou ao Milhomes no filme de Ignacio Vilar A esmorga, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor, compartindo protagonismo con Miguel de Lira e o vasco Karra Elejalde. O seu traballo no filme valeulle o Premio Mestre Mateo ao mellor actor protagonista, ao que sumou nesa mesma edición o galardón na categoría de mellor actor secundario por Códice, miniserie que recreaba o roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago de Compostela.[18] Foi nomeado tamén nas edicións de 2015 e 2016, polos seus papeis nas series Hospital Real e Pazo de familia, e gañou o seu quinto galardón na edición de 2017, Por Dhogs, de Andrés Goteira.[19]

No 2018 estreouse en Antena 3 a serie Fariña, baseada no célebre libro homónimo do xornalista Nacho Carretero e na que Morris deu vida a Manuel Charlín. A súa recreación do histórico narcotraficante arousán, valeulle o Premio Feroz ao mellor actor secundario de televisión.[20] Nos seguintes anos continuou traballando intensamente no mundo audiovisual, en series como Néboa, Alta mar, Amar es para siempre ou Beguinas, así como nos filmes A estación violenta, El aviso, El pacto, María Solinha ou El verano que vivimos. Na 19ª edición dos Premios Mestre Mateo gañou o seu sexto galardón pola súa interpretación en Ons, e en 2025 foi nomeado por vixésima vez, por Honeymoon.[21]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Dende 1986 mantivo unha relación sentimental coa pianista e compositora tudense Enma Pino, que foi a súa parella ata o seu falecemento en 2014.[22]

Morris, á saída da presentación de Os mortos van á présa en Ribadeo en 2009.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Series de televisión

[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos

[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos

[editar | editar a fonte]

Programas de televisión

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]

Sonorización e dobraxe

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Título Resultado
2002 Mellor actor protagonista Pratos combinados Nomeado
2003 Mellor actor protagonista Pratos combinados Nomeado
2005 Mellor actor protagonista Pratos combinados Nomeado
2006 Mellor actor secundario O partido Gañador
2007 Mellor actor protagonista Air Galicia Nomeado
2008 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
Mellor actor secundario Os mortos van á présa Nomeado
2009 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
2010 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
2011 Mellor actor protagonista Doentes Gañador
2012 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
2013 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
2014 Mellor actor protagonista A esmorga Gañador
Mellor actor secundario Códice Gañador
2015 Mellor actor protagonista Hospital Real Nomeado
2016 Mellor actor secundario Pazo de familia Nomeado
2017 Mellor actor secundario Dhogs Gañador
2018 Mellor actor protagonista Os mariachi Nomeado
2020 Mellor actor protagonista Ons Gañador
2024 Mellor actor secundario Honeymoon Nomeado
Ano Categoría Título Resultado
1998 Mellor actor protagonista O Embruxado e Juanito Ventolera Nomeado
2000 Mellor actor protagonista Calígula Nomeado
2011 Mellor actor protagonista O florido pénsil Nomeado
2015 Mellor actor protagonista O crédito Nomeado
  1. 1,0 1,1 1,2 Paz Pousa, Laura (20 de marzo de 2025). "Antonio Durán 'Morris': "Siempre me he sentido vigués y celtista"" (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2025. 
  2. 2,0 2,1 Melchor, Borja (24 de xullo de 2022). "Teis, cuna personal y profesional" (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2025. 
  3. "Antonio Durán “Morris”, actor" (en castelán). 7 de novembro de 2014. Consultado o 8 de maio de 2025. 
  4. 4,0 4,1 "“Porque he vivido más, puedo dar más verdad al personaje”" (en castelán). 28 de abril de 2020. Consultado o 8 de maio de 2025. 
  5. "El mejor momento de Antonio Durán, "Morris"" (en castelán). 6 de abril de 2018. Consultado o 8 de maio de 2025. 
  6. "«Son dos que pensa que morrerei coas botas postas»". Faro de Vigo. 12 de marzo de 2025. Consultado o 8 de maio de 2025. 
  7. "Musical y «S.O.S.»". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 1988. p. 70. 
  8. "Morris: "Bastante xente coñéceme máis por ser a voz do Mestre Mutenroi que polos meus papeis como actor"" (en castelán). 11 de marzo de 2024. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  9. "Una producción sueca en A mellor TV do mundo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de outubro de 1987. p. 62. 
  10. "La pieza Galicia S.L. cierra esta noche el ciclo de los Xoves Culturais". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de decembro de 1988. p. 32. 
  11. "Eduardo Alonso: «As veces é necesario volver ós clásicos para recuperar a esencia do teatro»". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1989. p. 39. 
  12. "De Eusebio Poncela a Antón Reixa". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 9 de setembro de 1989. p. 14. 
  13. "Mención Honorífica: Antonio Durán ‘Morris’". primaveradocine.com. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "El Delmiro de «Morris» aspira por quinta vez al Mestre Mateo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de marzo de 2014. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  15. Franco, Camilo (14 de marzo de 2007). "«Air Galicia» xuntará de novo a Manquiña e Morris". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2025. 
  16. "‘Morris’ y Eduardo Blanco reciben los premios Chano Piñeiro 2008" (en castelán). 22 de decembro de 2008. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  17. "Los actores Morris y Pico llevan al teatro sus tiempos de escolares en "O florido pénsil"". Faro de Vigo (en castelán). 21 de maio de 2011. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  18. "“A Esmorga” vence por número en unos Mestre Mateo donde “Os Fenómenos” gana los importantes". El Ideal Gallego (en castelán). 12 de abril de 2015. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  19. "'Dhogs' convértese no filme máis premiado da historia dos Mestre Mateo". Nós Diario. 4 de marzo de 2018. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  20. "Morris: "Es un premio que comparto con todas las actrices y actores gallegos que ahora si se valoran fuera"" (en castelán). 14 de marzo de 2019. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  21. "Previa de los Mestre Mateo 2025: nominados y apuestas en los premios del audiovisual gallego" (en castelán). 13 de marzo de 2025. Consultado o 10 de maio de 2025. 
  22. Armesto, María. "Enma Pino". Consello da Cultura Galega. doi:10.17075/adg.2021.23688. Consultado o 11 de maio de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]