Teo Cardalda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teo Cardalda
Nacemento7 de outubro de 1962
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Teodomiro Cardalda Gestoso, nado en Bouzas (Vigo) o 7 de outubro de 1962, é un músico galego coñecido para o gran público por ser compoñente dos grupos musicais Golpes Bajos e Cómplices.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teo comezou na música precisamente co grupo Golpes Bajos, xunto a Germán Coppini, que puña a voz, na década dos oitenta. Inicialmente compoñían un grupo, ó que se incorporaron logo Pablo Novoa e Luis García. A súa canción máis lembrada é sen dúbida Malos tiempos para la lírica.

Cómplices sería a súa seguinte aventura musical, esta vez en compañía da súa parella sentimental, a tamén viguesa María Monsonís. Aínda que cando o grupo xurdiu en 1987 comezaron sendo catro os seus compoñentes (Tino DiGeraldo e Billy Villegas completaban a banda), non tardou moito en estar formado só por Teo e María. Es por ti, Los tejados ou El marido de la peluquera son algunhas das cancións máis coñecidas do dúo. Tamén interpretaron a banda sonora da serie Nada es para siempre, rodada en Galicia a comezos da década do 2000.

En 1997 Teo probou sorte en solitario sen moita sorte. Máis tarde retomaría Cómplices, pero seguiría en solitario publicando A veces en 2001, cando María decide abandonar o grupo.

No ano 2003 sacaron un disco cos seus grandes éxitos en directo, nun concerto no que interpretaron os seus grandes temas acompañados por amigos como Presuntos Implicados, Antonio Vega ou Álvaro Urquijo.

En 2006, tras un tempo sen publicar novos traballos, sacan á venda como dúo o álbum Hello mundo cruel.

Discografía[editar | editar a fonte]

Golpes Bajos[editar | editar a fonte]

  • Golpes Bajos (1983)
  • Devocionario (1985)
  • A Santa Compaña (1984)

Cómplices[editar | editar a fonte]

  • Manzanas (1988)
  • Ángeles desangelados (1989)
  • La danza de la ciudad
  • Está llorando el sol (1991)
  • Preguntas y flores (1993)
  • Básico (1994)
  • Cousas de meigas (1999)
  • Cómplices (2000)
  • Complicidad (2000)
  • A veces (2002)
  • Grandes éxitos en drecto (2003)
  • Hello mundo cruel (2006)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É curmán do animador cultural de Vilaxoán, tamén chamado Teo Cardalda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]