Marcial Lafuente Estefanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcial Lafuente Estefanía
Biografía
Nacemento(es) Marcial Antonio Lafuente Estefanía Editar o valor em Wikidata
13 de xuño de 1903 Editar o valor em Wikidata
Toledo, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de agosto de 1984 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político , enxeñeiro industrial , militar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor em Wikidata - 1984 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoConfederación Nacional do Traballo Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioM. L. Estefanía
María Luisa Beorlegui
Cecilia de Iraluce
Dan Lewis
Arizona
Marcial Lafuente Estefanía
Toni Spring
Dan Luce Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFederico Lafuente Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 13752801 Editar o valor em Wikidata

Marcial Antonio Lafuente Estefanía, nado en Toledo o 13 de xuño de 1903 e finado en Madrid o 7 de agosto de 1984, foi un escritor español, autor de populares novelas do oeste.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do xornalista e escritor Federico Lafuente, autor de El Romancero del Quijote (1916). Este procurou inculcar no seu fillo o gusto polo teatro clásico do Século de Ouro, que chegou a coñecer moi ben. Porén, o fillo preferiu facerse enxeñeiro industrial, exercendo en España, América e África. Entre 1928 e 1931 recorreu gran parte dos Estados Unidos, o que lle serviu despois para ambientar as súas historias, con detalles de atmosfera e localización rigorosamente exactos. Durante a guerra civil recibiu un consello de Enrique Jardiel Poncela: "Escribe para que la gente se divierta, es la única forma de ganar dinero con esto". Ese foi o fundamento do seu modo de escribir: desde o principio buscou a amenidade, prescindindo das longas descricións e traballando sobre todo os diálogos, cuns modismos moi característicos e unha acción disparada. Durante a guerra foi oficial de artillaría do exército republicano na fronte de Toledo, e tras ela decidiu non exiliarse, sendo encarcerado varias veces. En prisión comezou a escribir de forma máis sisuda, aproveitando anacos de papel que conseguía:

Empecé a escribir prácticamente en un rollo de papel higiénico. No tenía cuartillas, no tenía pluma; entonces decidí utilizar el lápiz y el papel de retrete. Estaba en una sala quinta de uno de los hoteles en los que me recluyó el Gobierno (Entrevista)

Tras ser liberado escribiu a súa primeira novela do oeste en 1943, La mascota de la pradera. Comezou a publicar obras policíacas ou románticas en Editorial Cíes, unha pequena editorial viguesa da que chegaría a ser responsable, levándoa a Ávila e Madrid. As súas primeiras novelas firmounas baixo pseudónimos como "Tony Spring", "Arizona", "María Luísa Beorlegui" (o nome da súa muller ) ou "Cecilia de Iraluce". Posteriormente firmou un contrato coa Editorial Bruguera que o levou a producir arredor de 2.600 noveliñas en pequeno formato de non máis de cen páxinas, de impresión barata e moi característica, semellantes ó pulp norteamericano. Desde entón publicou xa sempre co seu nome verdadeiro ou coas siglas M. L. Estefanía, sendo un dos principais activos de Editorial Bruguera xunto coa tamén novelista popular Corín Tellado e as distintas publicacións de historietas.

Escribía e publicaba unha novela do oeste por semana, vendéndose por cinco pesetas, e trala desvalorización, a vinte e cinco. Era común comprar unha e, tras ser lida, devolverlla ó quiosqueiro a cambio doutra nova. Deste xeito as tiradas resultaban enganosas, pois aínda que eran moi crecidas e baratas, un mesma exemplar podía ser lido por varias ducias de persoas. Algunhas das súa obras alcanzaron reedicións continuas de ata 30.000 exemplares, sendo distribuídas aínda na actualidade.

Sabedor de que as súas novelas se lían nos Estados Unidos, coidaba moito a verosimilitude histórica, xeográfica e botánica do oeste norteamericano, para o que recorría a tres libros en particular: unha obra moi completa de historia dos Estados Unidos, un atlas moi antigo onde aparecían as vilas da época da conquista do oeste, e unha guía telefónica estadounidense da que tomaba os nomes dos personaxes.

Ás veces tomaba as tramas do teatro clásico español do Século de Ouro, substituíndo os personaxes do século XVII polos arquetipos representativos do oeste. Estas violentas historias inundaron España e Hispanoamérica, facéndose moi populares como literatura de pasatempo mesmo nos Estados Unidos, onde a Universidade de Texas as gravou para distribuílas entre os cegos de orixe hispana.

Os seus dous fillos, Francisco María Lafuente Beorlegui e Federico María Lafuente Beorlegui, colaboraron co seu pai na escritura das súas últimas novelas baixo o nome xenérico do pai.

Xa bastante maior intentou publicar sen éxito a novela El maleficio de Toledo, froito dos seus notables coñecementos históricos sobre a súa cidade natal. Morreu de pulmonía en Madrid, sendo soterrado no cemiterio da Almudena.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ramón Charlo, "Marcial Lafuente Estefanía y sus compañeros: los escritores de la novela del oeste", en VV. AA., La novela popular en España, Vol. 2, 2001, páxs. 113-142. ISBN 84-931827-1-0