Aldo Rossi
Aparencia
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de maio de 1931 Milán, Italia |
| Morte | 4 de setembro de 1997 Milán, Italia |
| Causa da morte | morte accidental |
| Educación | Universidade Politécnica de Milán - arquitectura (1949–1959) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Arquitectura, deseño e sistema educativo |
| Lugar de traballo | Milán |
| Ocupación | arquitecto, profesor universitario, artista gráfico, filósofo, guionista, deseñador, urbanista, pintor |
| Período de actividade | 1960 |
| Empregador | Universidade Politécnica de Milán |
| Movemento | Arquitectura posmoderna |
| Participou en | |
| 12 de xuño de 1987 | documenta 8 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | The Dictionary of Art (en) |

Aldo Rossi, nado en Milán o 3 de maio de 1931 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1997, foi un arquitecto e teórico italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi coñecido por usar formas puras: cubos, esferas, conos etc. Os seus principais libros foron: "Arquitectura da cidade" e "Autobiografía científica". O derradeiro escribiuno practicamente nun hospital logo de pasar varios meses nel debido a un accidente. Para referirse a unha especie de construción, creou o termo "Genius Locci".
Obras
[editar | editar a fonte]- 1965 Monumento aos partisanos, en Segrate, Italia.
- 1968–1973 Bloque de vivendas Gallaterese, en Milán.
- 1971 Cemiterio de San Cataldo en Módena. En colaboración co arquitecto Gianni Braghieri. Primeiro premio do concurso. Construído en 1980.
- 1979 Teatro del Mondo, en Venecia.
- 1986 Palazzo Hotel en Fukuoka, Xapón.
- 1988 Deutsches Historisches Museum (Museo Histórico Alemán) Berlín (non construído).
- 1992–1995 Bonnefantenmuseum en Maastricht, Países Baixos.
- 1997–2000 Casa do Cirque de Soleil, Berlín.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Pritzker (1990).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aldo Rossi en prizkerprize.com (páxina web official do Premio Prizker) (en inglés).
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).
