Luís Mariño
Luís Mariño | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1941 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 22 de maio de 1999 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, editor e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís Mariño Pampín, nado en Santiago de Compostela o 29 de agosto de 1941 e finado na mesma cidade o 22 de maio de 1999,[1] foi un escritor, xornalista e editor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filosofía e Dereito. Activista cultural na Compostela de maio do 68, colaborou co Cine-Club da Asociación Fotográfica Compostelana (AFC). A comezos dos anos setenta dirixiu en Ourense a libraría do periódico La Región. Dende 1973 foi responsable de comunicación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A finais dos anos setenta fundou con Carlos Delgado Edicións do Cerne, que abandonou en 1981 para incorporarse a Edicións Xerais de Galicia como adxunto á dirección, pasando en 1983 a director xeral, cargo no que permaneceu até o seu cesamento en maio de 1988. Creou os premios Xerais e Merlín. Dende 1990 traballou na Televisión de Galicia dirixindo o magacine cultural "Etcétera", no que tamén foi entrevistador e moderador, e entre 1992 e 1995 dirixiu e presentou "Moderato Cantabile". Escribiu artigos sobre arte, edición, literatura e música.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio do Patronato Rosalía de Castro ao mellor libro editado en Galicia pola obra completa de Fermín Bouza Brey (1980).
- Premio Santiago de TVE á mellor labor cultural realizada en Galicia (1986).
- Premio Atlántida de Barcelona ao mellor programa cultural das televisións de España (1992).
- Premio Galicia de Comunicación á mellor labor desenvolvida en televisión (1992).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pesar en el mundo de la cultura por el fallecimiento del periodista Luis Mariño", La Voz de Galicia, 23-5-1999, p. 40.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- GARCÍA MARTÍNEZ, Pablo (2020). «Semblanza de Luis Mariño Pampín (Santiago de Compostela, 1941-1999)», Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes - Portal Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI) - EDI-RED.