María Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Vázquez
María Vázquez nos Mestre Mateo 2017.jpg
María Vázquez nos Premios Mestre Mateo 2017.
Nome completoMaría Rodríguez Vázquez
Nacemento19 de marzo de 1979 (44 anos)
LugarVigo
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActriz
Na rede
IMDB: nm0904808 Twitter: mariavazquezact Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Rodríguez Vázquez, coñecida como María Vázquez, nada en Vigo o 19 de marzo de 1979, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nada en Vigo, a súa vida está moi ligada á Barrela, a terra da súa nai e avós maternos e a Ourense, onde pasou a súa adolescencia. María Vázquez ten participado en películas e series de televisión, tanto con intervencións como con varios personaxes fixos. Estudou ballet e tamén nunha escola de actores en Madrid.[1]

Intérprete que comezou a súa carreira profesional a finais dos anos 90, cunha participación secundaria en varios episodios de Al salir de clase. Desde entón desenvolveu un intenso traballo actoral en España, e con moita vinculación a Galicia. Ten aparecido en longametraxes cinematográficas de proxección, ás ordes de directores tan coñecidos como Montxo Armendáriz ou Icíar Bollaín. Outro ámbito no que ten desenvolvido interpretación é a pequena pantalla, con papeis en series de TVE 1, Antena 3, Telecinco e da TVG.

É irmá da guionista Tatiana Rodríguez e está casada co actor Víctor Duplá dende 2006.[2]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Historias mínimas (2012), dirixida por Víctor Duplá.[7]
  • Animal (2013), dirixida por Rubén Ochandiano.[8]
  • La evolución (2014), dirixida por Rubén Ochandiano.
  • Femenino singular (2014), dirixida por Emilio del Valle.[9]
  • Sueño (2016), dirixida por Andrés Lima.[10]
  • A leituga (2019), dirixida por Víctor Duplá.[11]
  • Fariña (2019), dirixida por Tito Asorey.[12]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor actriz secundaria Mataharis Nomeada

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos[13][editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor actriz secundaria Mataharis Gañadora
Premio Ojo Crítico de Cine de RNE
Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor interpretación Mataharis Gañadora

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2004 Mellor actriz O ano da carracha Nomeada
2008 Mellor actriz Padre Casares Candidata
Mellor actriz secundaria A mariñeira Candidata
2009 Mellor actriz O club da calceta Gañadora
2010 Mellor actriz Mar libre Gañadora
2011 Mellor actriz Doentes Nomeada
2016 Mellor actriz Augasquentes Nomeada
Mellor actriz secundaria María (e os demais) Nomeada
2019 Mellor actriz Trote Gañadora
2020 Mellor actriz secundaria Quen a ferro mata Gañadora
2022 Mellor actriz secundaria Cuñados Nomeada
2023 Mellor actriz O corpo aberto Nomeada
  • Premio Cineuropa 2019[14].
  • Mellor actriz Festival de Cinema de Málaga 2023 pola longametraxe Matria.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Piñeiro, Miguel (2019-11-18). "María Vázquez y una carrera iniciada gracias a un almacén y una farmacia". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2019-11-18. 
  2. Juarez, Ana Sanchez (2007-02-09). "Cuatro historias de amor y una de desamor". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-30. 
  3. "María (y los demás), Bárbara Lennie, Jose Ángel Egido, Nely Reguera". LaHiguera.net (en castelán). Consultado o 2019-09-16. 
  4. "Quien a hierro mata (2019)" (en castelán). Consultado o 2019-08-30. 
  5. "Hospital Real". ficcion-producciones.com. Consultado o 16/09/2019. 
  6. "María Vázquez: películas, noticias, biografía, fotos". LaHiguera.net (en castelán). Consultado o 2019-09-16. 
  7. "María Vázquez". Trama Films Entertainment S.L. (en castelán). Consultado o 2019-09-16. 
  8. "Animal, Rubén Ochandino". rubenochandino.es. Arquivado dende o orixinal o 01/08/2016. Consultado o 16/09/2919. 
  9. "Feminino singular". muestrateatro.com. Arquivado dende o orixinal o 09/11/2019. Consultado o 16/09/2019. 
  10. "Sueño. Abadía Teatro". teatroabadia.com. Consultado o 16/09/2019. 
  11. "Victor Duplá debuta con "A leituga"". laregion.es. Consultado o 16/09/2019. 
  12. ""Fariña" chega ao teatro". erreguete.gal. Consultado o 16/09/2019. 
  13. "CEC Círculo de Escritores Cinematográficos". www.cinecec.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2018. Consultado o 2019-11-09. 
  14. "Cineuropa arrancó con el premio a la actriz gallega María Vázquez". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2019-11-09. 
  15. "A viguesa María Vázquez faise co premio á mellor actriz no Festival de Cinema de Málaga". Nós Diario. 18 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]