Antón Reixa
Antón Reixa | |
---|---|
Entrevista en Nós TV. | |
Nome completo | Antonio Javier Eulogio Rodríguez Reija |
Nacemento | 17 de abril de 1957 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, cantante, director de cinema, músico e mestre |
Cónxuxe | Enma Pino |
Premios | Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70. É considerado precursor do movemento bravú.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras estudar o Bacharelato no instituto Labor de Vigo, un colexio disciplinado e masculino ao estilo da época, Reixa estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e entrou en contacto coas vangardas literarias. En 1976 fundou, xunto con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo Rompente. Froito desta etapa literaria, Reixa publicou a finais dos setenta varias obras de poesía, como o libro colectivo Silabario da turbina e As ladillas do travesti. Chegou a ser profesor de lingua e literatura galegas pero pronto abandonou a docencia para embarcar na música.
En 2021 o Goberno de España concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes.[1]
Música[editar | editar a fonte]
A comezos dos oitenta, Vigo era un fervedoiro de bandas de rock and roll subversivo. O ambiente tamén calou en Antón Reixa, que regalou a súa batería ao seu amigo Julián Hernández, a condición de que formase un grupo. Desta forma, naceu Maricruz Soriano y los que afinan el piano, coñecidos máis tarde como Siniestro Total.
Dous membros de Siniestro, Alberto Torrado e Xavier F. Soto, acompañaron a Reixa no lanzamento do grupo Os Resentidos en 1982, no que Reixa era o cantante. "Fai un sol de carallo" converteuse no seu primeiro éxito de "masas".
Os Resentidos deixaron paso en 1995 a outro proxecto, Nación Reixa, que o levou a colaborar co grupo vasco Negu Gorriak. Mentres, o polifacético Reixa non deixou de experimentar noutras artes. Escribiu teatro, fixo videoclips musicais e programas de radio. Tamén traballou no eido audiovisual como actor, produtor e director.
Audiovisual[editar | editar a fonte]
En 1998 estreouse na TVG, baixo a dirección de Reixa, Mareas vivas, unha serie ambientada na Galicia mariñeira contemporánea que bateu récords de audiencia na canle autonómica.
Un ano máis tarde, con parte do equipo de Mareas vivas, Antón fundou Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora foi a adaptación ao cine da novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro. Esta vez, Reixa atreveuse coa dirección de longametraxes.
En 2006 volveu dirixir unha longametraxe, Hotel Tívoli. Ese mesmo ano produciu o programa da TVG Somos unha potenzia, conducido polo actor Carlos Blanco Vila.
O 8 de maio de 2012 foi elixido presidente da SGAE,[2] posto que deixou o 16 de xullo de 2013.[3]
O 28 de outubro de 2016 tivo un accidente de tráfico na provincia de Valladolid ao quedar durmido conducindo, e pasou 18 días en coma inducido.[4]
Libros[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- As ladillas do travesti (1979). Rompente.
- Historia do rock and roll (1985). USC. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos do Diario 16 de Galicia.
- Ringo Rango (1992). Edicións Xerais de Galicia.
- Viva Galicia beibe (1994). Positivas. Reeditado como Viva Galicia Beibe (Cancións 1982-2016) en Xerais.
- Escarnio (1999). 52 Promociones Musicales.
- Látego de algas (2008). Espiral Maior.
- Leccións de cousas (2011). Editorial La Oficina de Artes y Ediciones, Madrid. Edición en galego, castelán e inglés. Contén os libros Maldicir, 'Cicatriz barullo e Twist and shout esperanza.
- Algo raro pasa raro (2015). Editorial La Oficina de Artes y Ediciones. Edición en galego e castelán.
- Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma. (2018). Edicións Xerais.[5]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Transporte de superficie (1990). Edicións Positivas.
Teatro[editar | editar a fonte]
- Melancoholemia. Vida de Mamarracho (2020). Faktoría K. 64 páxs.
Libros de conversas[editar | editar a fonte]
- Antón Reixa. Ghicho distinto, con Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso (2012. Xerais).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Silabario da turbina (1978). Con Grupo Rompente.
- ¡Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio! (1979). Con Grupo Rompente.
- A dama que fala (1983). Xerais. Con Grupo Rompente.
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
- Días contra fotocopias (1987) con Menchu Lamas e Antón Patiño.
- Na boca do lobo (1998). Tris Tram.
- Intifada: ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006), Xerais.
- Lois Pereiro en 17 voces (2011), La Voz de Galicia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios literarios[editar | editar a fonte]
- Premio Galicia no 1984, por Historia do rock and roll.
Discografía[editar | editar a fonte]
Con Os Resentidos
- Surfin' CCCP (Grabaciones Accidentales, 1984; EP compartido con Siniestro Total)
- Vigo, capital Lisboa (GASA/DRO, 1984)
- Fai un sol de carallo (GASA/DRO, 1986)
- Música doméstica (Grabaciones Accidentales, 1987)
- Fracaso tropical (Grabaciones Accidentales, 1988)
- Jei (Grabaciones Accidentales, 1990). Elixido pola revista musical Rockdelux mellor disco nacional do ano.
- Delikatessen (GASA, 1991)
- Están aquí (GASA, 1993)
- Made In Galicia 1982-1994 (GASA, 1994; recompilatorio)
Con Nación Reixa:
- Alivio rápido (1994)
- Safari mental (1997)
- Participación nos dous dobres CDs do programa Xabarín Club
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pontevedra, Diario de (2021-12-28). "Antón Reixa, entre os galardoados coa Medalla de Ouro de Belas Artes". Diario de Pontevedra. Consultado o 2021-12-29.
- ↑ "Reixa, crítico co uso da banda larga", 8 de maio de 2012, Galicia Confidencial.
- ↑ "Antón Reixa: «Soy una víctima del fuego cruzado de una red organizada»", 16 de xullo de 2013, La Voz de Galicia.
- ↑ “El coma es muy vulgar”, El País, 6 de maio de 2017 (en castelán)
- ↑ Salgado, Daniel (19 de outubro de 2018). "Esperanza e coraxe de Antón Reixa". Praza Pública. Consultado o 19 de outubro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Filmografía Culturagalega.org
- O audiovisual agora Vieiros.