Minami Torishima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minami Torishima
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Illa de Minami Torishima

[[]]
Datos
Capital
País Xapón
Linguas
Poboación (2007)
Superficie 1,2 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 24°18′N 153°58′E / 24.300°N 153.967°E / 24.300; 153.967
Maior Altura
Minami Torishima
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Minami Torishima (南鳥島) ou Illa Marcus é unha illa illada localizada ao noroeste do Océano Pacífico localizada a 24°18′N 153°58′E / 24.300°N 153.967°E / 24.300; 153.967. O significado en xaponés é "Illa dos paxaros do sur". Posúe un área de 1,2 km². É o territorio máis oriental de Xapón a 1.848 km ao sueste de Tokio, e a 1.267 km ao leste da illa xaponesa máis próxima, Minami Iōjima nas Illas Ogasawara, e forma unha liña entre Tokio e a Illa Wake, que está a 1.415 km ao este-sueste. A illa máis próxima é Farallón de Paxaros nas Illas Marianas, que está a 1.021 km ao oeste-suroeste.

A illa foi descuberta polo capitán español Andrés de Arriola en 1694, na viaxe de retorno desde Manila a Acapulco, pero a súa localización non foi rexistrada ata o século XIX. É mencionada por primeira vez en 1864, dando unha posición por unha nave de observación dos Estados Unidos en 1874 e en 1879, Kiozaemon Saito pisou terra. Xapón oficialmente reclamou a illa o 19 de xullo de 1898.

Durante a Segunda Guerra Mundial 4.000 soldados xaponeses estiveron estacionados na illa, a cal foi atacada pola Mariña dos Estados Unidos en 1943, sen conseguir a súa rendición ou ocupación.

A illa é usada na actualidade para a observación meteorolóxica e ten unha pequena estación de radio.

Administrativamente forma parte do concello de Ogasawara (小笠原村) na subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁) da prefectura de Tōkyō en Xapón.