Coco
| Coco | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cocos nucifera |
|||||||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
| Non ameazado | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| ''Cocos nucifera'' L. |
|||||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||||
O coco (Cocos nucifera) é unha palmeira duns 30 m de altura da familia Arecaceae. É a única especie do xénero Cocos. Chámase tamén coco ao seu froito.[2] Tamén pode chamarse coqueiro.
Índice |
Localización [editar]
A planta pódese atopar nos areais da beiramar tropical [3] do Mar Caribe, Océano Índico e Pacífico. Cultivada dáse noutras zonas de clima quente. Adoita medrar dende o ecuador até paralelos 28º de ambos os dous hemisferios, con algunhas excepcións como as illas Bermudas ou o arquipélago da Madeira no paralelo 32º, ou Illas Kermadec, entre os paralelos 29º e 31º.
Descrición [editar]
As follas desta planta son de gran tamaño deica os 3 m de longo e o seu froito, a noz de coco, contén a semente máis grande que existe. O coqueiro é unha soa especie con múltiples variedades, diferenciadas basicamente pola cor do froito (amarelo ou verde). As plantas só presentan diferenzas no talo. A característica común de todas elas é o sabor do froito: agradábel, doce, carnoso e zumarento. A importancia económica fixo que se comece cultivar nas praias tropicais, o lugar máis axeitado.
As flores do coco son poligamomonoecias, coas flores masculinas e femininas na mesma inflorescencia. O florecemento ocorre arreo, coas flores femininas producindo as sementes.
Orixes [editar]
A orixe da planta é descoñecida, para algúns botanistas é de orixe asiática e para outros do Caribe. Sen ter en conta a súa orixe, os cocos téñense espallado a través de moitas das zonas tropicais do mundo, axudado probabelmente en moitos casos polo factor humano. O coco como é unha semente rexa, propágase a grandes distancias polas correntes mariñas, acadando a beiramar norueguesa.
Cultivo [editar]
A planta non atura o frío,[3] as grandes alturas, o afastamento do mar, os solos duros e escasos de sal. Pola contra axéitase a zonas con forte vento (que ademais é imprescindíbel para que as flores polinicen) e ao sal. Prefire áreas asolladas (do tipo tropical) e de precipitación regular (750 a 2.000 milímetros anualmente). Os cocos tamén necesitan de alta humidade ambiental (70-80%+) para o crecemento óptimo, polo tanto o coco non se desenvolve axeitadamente en áreas cálidas con humidade baixa (o Mar Mediterráneo, as costas do norte de Chile e no Perú), incluso onde estas sexan temperaturas altas, sendo difícil que medren en climas secos. Porén si pode medrar en zonas subtropicais como as Illas Canarias, Hawai, Cabo Verde ou a Florida onde a humidade relativa é elevada e as temperaturas non acostuman baixar dos 10 °C.[4]
Utilidade [editar]
- Artigo principal: coco (drupa).
O coco fica entre as máis antigas plantas útiles e se explota de múltiples maneiras. Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70% de lípidos; da copra obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabrón. A madeira do coco emprégase para a construción. Os habitantes das Filipinas, Polinesia, Kiribati e as Illas Marshall consumen o zume to tronco do coco fresco; fermentado, pode se conservar e transformar nun tipo de bebida alcohólica, coñecida coma viño de coco.
As fibras que arrodean a noz de coco utilízanse para facer cepillos, colchóns e cordas. Nas illas do Caribe, adóitanse abrir as noces de coco non chegadas cun machado para extraer a auga do froito que é unha bebida refrixerante. Esta auga pode ficar até oito meses no froito pechado e conservar todas as súas cualidades.
Produción [editar]
Filipinas é o líder mundial na produción (2007) seguida por Indonesia e a India. Pollachi é a rexión coqueira máis salientábel da India. Tamén áchanse alí importantes industrias relacionadas: Tender Coconut Water, Copra, Coconut Oil, Coconut Cake, Coconut Toddy, Coconut Shell based Products, Coconut Wood based Products, Coconut Leaves, ou Coir Pith.
| Primeiros dez Produtores — 11 de xuño de 2008 | ||||
|---|---|---|---|---|
| País | Produción, Tm | nota | ||
| Filipinas | 17000000 | * | ||
| Indonesia | 15580000 | P | ||
| 9400000 | F | |||
| 2770554 | ||||
| 1705446 | ||||
| 962000 | F | |||
| Sri Lanka | 954000 | |||
| 677000 | F | |||
| 568000 | F | |||
| Birmania | 370000 | F | ||
| 54716444 | A | |||
| Sen símbolo = figura oficial , P = figura oficial, F = estimación FAO, * = non-oficial/semioficial/datos espellos, C = figura calculada A = Agregada (pode incluir oficial, semioficial ou estimacións); |
||||
Sinonimia [editar]
Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Cocos nucifera:[5]
- Palma cocos Mill. (1768), nom. illeg.
- Calappa nucifera (L.) Kuntze (1891).
- Cocos indica Royle (1840).
- Cocos nana Griff. (1851).
Vxéase tamén [editar]
Referencias [editar]
- ↑ Sinónimos en Kew Consultado o 1 de agosto de 2009.
- ↑ Dicionario da Real Academia Galega Coco
- ↑ 3,0 3,1 Species Profiles for Pacific Island Agroforestry: Cocos nucifera (pdf file)
- ↑ Werth, E. 1933. Distribution, Origin and Cultivation of the Coconut Palm (in periodical: Ber. Deutschen Bot. Ges., vol 51, pp. 301–304) (artículp traducido al inglés por el Dr. Child, R. (Director, Coconut Research Scheme, Lunuwila))
- ↑ Sinónimos en Kew Consultado o 1º de agosto de 2009.