Copra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coco secando al sol, en Kerala, India

A copra é a pulpa seca do coco. O nome deriva dunha palabra en malayalam, koppara que significa coco seco. A palabra copra non é o nome científico do coco (Cocos nucifera Linnaeus, Arecaceae).

O aceite de coco extráese rallando a copra e fervéndoa despois en auga. A copra foi desenvolvida como un produto comercial por mercadores dos mares do sur e do sur de Asia cara aos anos 1860s.

A elaboración da copra, é dicir, quitar a casca, despedazar a pulpa e secala, normalmente realízase onde crecen os cocoteiros. Na actualidade existen grandes plantacións onde se integran todas as operacións, pero antigamente a copra era recollida por comerciantes que ían de illa en illa recolléndoa polo Océano Pacífico. Na actualidade o aceite de coco obtense en fábricas especializadas que extráen o aceite en EXPELLERS ou por medio de solventes, por medio de expellers obtense un 60% de aceite de coco e o residuo chamado pasta de coco, é un alimento moi nutritivo para o gando vacún, principalmente leiteiro. O aceite de coco procésase para quitarlle a acidez e a cor e é usado principalmente para a fabricación de xabóns, Hidroxenado, úsase como manteiga en panaderias, chocolate, recheos de galletas e inclusive en leite en po e queixos. E nunha cantidade considerable de alimentos.