Tofua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tofua
Vista da illa
Haapai.jpg
Datos
Capital
País Tonga
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (1996) 5 hab.
Superficie 55´63 km²
Densidade
Coordenadas 19°45′S 175°4′W / 19.750°S 175.067°W / -19.750; -175.067
Maior Altura 507 m.
Localización
Localización

Tofua (transcrito antigamente como Amattafoa) é unha illa e un volcán do reino de Tonga. Está situado ao leste do grupo Ha'apai (grupo Galvez), a 26 km ao nordés de Kotu e 155 km ao norte de Tongatapu.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A illa é a caldeira dun volcán activo que sobresae 507 metros da auga. A illa ten 8 km de diámetro e no interior do cráter ten un lago pechado de 4 km que só está a 20 metros sobre o nivel do mar. A temperatura da auga do lago é de 25ºC no inverno. A superfície total é de 55,63 km².

Historia[editar | editar a fonte]

Cando foi descuberto en 1774 por James Cook, estaba en actividade. As erupciones históricas rexistradas son dos anos: 1774, 1792, 1854, 1885, 1906 e 1958. Actualmente o volcán segue activo con fumarolas intermitentes no norte do lago. En 1854 o rei Tupou ordenou o traslado dos habitantes de Tofua á illa Kotu. Algúns foron volvendo e hoxe en día hai dúas vilas. No censo de 1996 rexistrábanse 5 habitantes permanentes. Ocasionalmente recibe as visitas de aventureiros atraídos pola escalada e a experiencia de bañarse no lago dun cráter activo.

En augas de Tofua produciuse o amotinamiento do HMS Bounty cando volvía de Tahití en 1789. O capitán William Bligh e os seus seguidores foron abandonados nunha barca. Intentaron desembarcar en Tofua pero foron atacados polos indíxenas. Desde aquí fixeron unha viaxe épica de 6.500 km ata Timor.