Illa Norte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Illa Norte | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Wellington |
| País | Nova Celandia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 3.287.600 hab. |
| Superficie | 113.729 km² |
| Densidade | 28´9 hab/km² |
| Coordenadas | |
| Maior Altura | 2.797 m. Monte Ruapehu |
| Localización | |
![]() |
|
A Illa Norte ('North Island' en Inglés, ou 'Te Ika ā Maui', 'O Peixe de Maui', en Maori) é unha das dúas illas principais de Nova Celandia, separada da Illa Sur, polo Estreito de Cook.
A illa ten unha rexión montañosa (máis baixa que a da Illa Sur), que consta de montes boscosos, unha meseta central volcánica e outeiros.
Os vals de Rotorua e Taupo, situados preto da Baía de Plenty, teñen algúns dos mananciais termais máis grandes de Nova Celandia. Prodúcense cando a auga subterránea sobrecalentada xorde á superficie a través das rocas. O lago Taupo, situado no centro da illa, é o maior de Nova Celandia e ocupa o cráter dun volcán extinto.
Cara ao suroeste da illa atópase un volcán extinto, o monte Taranaki, de 2518 metros.
O clima e a topografía da illa son máis favorables para a agricultura. Ovinos e bovinos poden alimentarse no verán e inverno nos ricos pastos que rodean Auckland e Christchurch. Unha ampla gama de cultivos, que inclúen hortalizas, cereal e froitas como a uva e o kiwi, prodúcense na parte norte de Nova Celandia. As ricas zonas pesquerías do Océano Pacífico teñen unha crecente importancia económica.
[editar] Principais cidades
Atópanse situadas varias das cidades máis importantes de Nova Celandia, entre elas:
- Auckland, con 1.199.300 habitantes (zona metropolitana) e situada no golfo de Huaraki, no nordés da illa.
- Wellington, (zona metropolitana) (capital de Nova Celandia), con 363.400 habitantes e situada no extremo sur da illa.
- Hamilton, (179.000 hab. zona metropolitana)
- Tauranga, (103.600 hab.)
- Palmerston Norte, (77.600 hab.)
- Hastings (61.700 hab.)
- Napier, (56.700 hab.)
- Rotorua (55.100 hab.)
- New Plymouth (49.500 hab.)
- Gisborne (32.800 hab)
- Coromandel
- Foxton
- Huntly
- Kerikeri
- Pahiatua
- Raglan
- Strarford
- Taupo
[editar] Picos maiores
- Monte Ruapehu (2797 m)
- Monte Taranaki (2518 m)
- Mangaweka (1733 m)
- Hikurangi (1440 m)
- Raukumara (1413 m)
- Monte Tarawera (1111 m)
[editar] Principais lagos
- Rotoiti
- Rotorua
- Tarawera
- Taupo
- Waikare
- Waikaremoana
- Wairarapa
