Niuatoputapu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Niuatoputapu
Vista da illa
Vista desde satélite de Niuatoputapu, ao sur, e Tafahi, ao norte
Datos
Capital Hihifo
País Tonga
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (1996) 1.161 hab.
Superficie 18 km²
Densidade
Coordenadas 16°0′S 173°47′O / -16.000, -173.783Coordenadas: 16°0′S 173°47′O / -16.000, -173.783
Maior Altura 157 m.
Localización
Localización

A illa de Niuatoputapu ou Traidores é a illa principal do grupo Niuas, ao norte de Tonga. Está situada a 167 km ao norte de Vava'u e a 516 km ao norte de Tongatapu.

A illa é de orixe volcánico. A parte central boscosa, de 157 metros de altitude, é o antigo cráter erosionado. O litoral baixo é un antigo arrecife coralino que creceu ao redor do volcán e foi cuberto de cinzas volcánicas. Hoxe en día outro arrecife coralino pecha unha lagoa ao redor da illa. A superficie total é de 18 km².

A vila principal é Hihifo, situada ao noroeste da illa. É o centro administrativo, sede do axente do goberno e da policía. A poboación total, no censo de 1996, era de 1.161 habitantes. Dispón dun aeroporto.

Niuatoputapu foi descuberta polos holandeses Le Maire e Schouten en 1616. Mentres estaban negociando para intercambiar víveres foron atacados por sorpresa e chamárona Verraders Eylandt, illa dos Traidores, nome que coa forma inglesa ou francesa mantívose durante un tempo nos mapas da época, ata que o inglés Samuel Wallis en 1767, denominouna Keppel Island en honra a Augustus Keppel, primeiro Lord do Almirantado.