'Eua
| Eua | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Tonga |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (1996) | 4.934 hab. |
| Superficie | 87,44 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 21°23′15″S 174°56′02″W / 21.3875°S 174.93389°W |
| Maior Altura | 383 m. |
| Localización | |
´Eua é unha illa de Tonga, a illa irmá de Tongatapu situada a 18 km ao sueste.
A diferenza das outras illas de Tonga, 'Eua é unha illa volcánica montañosa que se eleva na parte oriental a 383 m. Ten 19 km de longo e 7,5 km de ancho, cunha superficie total de 87,44 km². É unha das illas máis antigas do Pacífico producindo unha terra rica para a agricultura e un bosque tropical con especies endémicas.
Xeograficamente é do grupo de Tongatapu. Administrativamente forma unha división con dous distritos: 'Eua Proper e 'Eua Fo'ou.
A poboación total no censo de 1996 era de 4.934 habitantes. As vilas de 'Eua teñen unha poboación de diferentes orixes: Houma, 'Ohonua (a capital), Tufuvai e Pangai son orixinarios de 'Eua; as nove vilas do distrito de 'Eua Fo'ou foron fundadas por emigrantes de Niuafo'ou cando o volcán entrou en erupción en 1946; Ha'atu'a e Kolomaile son de poboación emigrada de 'Ata que escapaba dos negreiros peruanos do século XIX; 'Ahau é de població emigrada de Tongapatu e Ha'apai.
Unha lenda explica que Sinilau levou a Hina de Samoa a Tongatapu. Un polbo raptouna e Sinilau viu como as dúas cabezas ían flotando cara á a illa veciña. O nome ´e ua significa os dous.
'Eua foi descuberta en 1643, polo holandés Abel Tasman que a bautizou como Middelburg Eylandt como a cidade de Middelburgo nos Países Baixos.