Economía de Tonga
| Economía de Tonga | |
|---|---|
| Moeda | pa'anga |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Sparteca |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 551,7 millóns (2009) |
| Posición do PIB | 210ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | -0,5% (2009) |
| PIB per cápita | $ 4.600 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 25%, industria 17%, comercio e servizos 57% (2006) |
| Inflación | 5,9% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 24% (2004) |
| Total da forza de traballo | 39.960 (2009) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 31,8%, industria 30,6%, comercio e servizos 37,6% (2003) |
| Desemprego | 13%% (2004) |
| Industrias | turismo, construción, pesca |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 22 millóns (2006) |
| Produtos de exportación | abóbora, peixe, sementes de vainilla, raízes |
| Principais mercados | Estados Unidos 28,2%, Xapón 11,4%, Nova Celandia 11,4%, Taiwan 9,5%, Fidxi 6,8%, Samoa 5,7%, Australia 4,6%, Corea do Sur 4,2%, Hong Kong 4,1% (2008) |
| Importacións | 139 millóns (2006) |
| Principais produtos importados | alimentos, máquinas e equipamentos de transporte, combustibles, produtos químicos |
| Principais mercados | Fidxi 36,9%, Nova Celandia 24%, Estados Unidos 9,3%, Australia 8,9%, República Popular de China 5% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 80,7 millóns(2004) |
| Receitas | 80,48 millóns |
| Despesas | 109,8 millóns (2008) |
Tonga ten unha economía pequena e aberta, e unha base de exportación reducida a poucos produtos agrícolas. Os principais son a cabaza, vainilla e o ñame. Incluíndose tamén o peixe, os produtos primarios representan o 2/3 das exportacións. O país importa unha gran cantidade de alimentos, especialmente de Nova Celandia[1].
O país depende tamén das remesas de diñeiro das comunidades tonganesas residentes no exterior para equilibrar o seu déficit comercial. O turismo representa a segunda fonte de ingresos do país: o 2006 39.000 persoas visitaron o país[1].
O goberno estimula o desenvolvemento do sector privado, incentivando especialmente os investimentos, mentres concentra os gastos públicos en saúde e educación. Tonga ten unha infraestructura básica razoable e un servizo social desenvolvido. O elevado desemprego entre os mozos, o crecemento da inflación, as presións por reformas democráticas e o crecemento dos gastos en servizos sociais son os principais desafíos do goberno[1].