Nomuka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nomuka
Vista da illa
Mapa do grupo Gálvez (Ha´apai)
Datos
Capital
País Tonga
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (1996) 550 hab.
Superficie 7´12 km²
Densidade
Coordenadas 20°15′S 174°48′O / -20.250, -174.800
Maior Altura 51 m.
Localización
Localización

Nomuka é unha illa do grupo Ha'apai ou tamén chamado Grupo Gálvez, no reino de Tonga. Está situada a 105 km ao norte de Tongatapu.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa ten unha forma triangular cunha superficie de 7´12 km². Consiste nunha plataforma elevada de coral, cunha altitude máxima de 51 m. A illa contén no interior unha lagoa salgada de 1´5 metros de profundidade. Só a 30 km ao leste atópase o volcán activo de Fonuafo'ou.

A poboación total era de 550 habitantes no censo de 1996.

Illas do grupo Nomuka[editar | editar a fonte]

Ao redor de Nomuka localízanse varias illas, case todas elas deshabitadas:

Historia[editar | editar a fonte]

Nomuka foi a primeira illa descuberta do grupo Ha'apai. O holandés Abel Tasman, en 1664, púxolle o nome da cidade holandesa de Rotterdam. O seguinte en chegar foi o inglés James Cook, en 1774, interesado en comprobar os descubrimentos do holandés.

Nomuka foi historicamente importante para os barcos de paso para o abastecemento de auga fresca. Era coñecida con diferentes transcricións do nome indíxena: Anamooka i Anamocka, a parte de Nomuka.